Candia critica a xestión carente de planificación de Besteiro, quen tras a preadxudicación de tres mini residencias asegura agora que en meses se decidirán as primeiras obras
Lugo 13 de abril de 2012.- A voceira do Grupo Popular provincial da Deputación de Lugo, Elena Candia, resalta a actitude carente de planificación que profesa de forma reiteirada o organismo provincial. Unha afirmación que queda exemplificada á raíz das declaracións verquidas polo Presidente do ente, José Ramón Gómez Besteiro, quen asegurou que nos vindeiros meses decidiranse as primeiras obras da rede de xeriátricos.
Para a voceira popular, estas declaracións manifestan a falta de coherencia do proceder de Besteiro, ao explicar que nos vindeiros meses se decidirán as primeiras obras das mini residencias, cando Suplusa xa preadxudicara as obras dos centros para maiores en Trabada, Castroverde e Pol”.
Candia lembra que no pleno de outubro de 2010 aprobouse unha proposta de goberno na que se encomenda á Sociedade Urbanística Provincial de Lugo S.A. a construción e xestión de centros de atención a persoas maiores, tendo en conta que esta Sociedade nos orzamentos de 2010 xa dispoñía dunha previsión orzamentaria de doce millóns de euros. A actitude demostrada dende aquela, amosa que o compromiso que asumira o goberno da Deputación respondía a intereses electoralistas, sen consensuar entre o ente provincial, a Xunta de Galicia e o goberno local.
Esta falta de planificación á raiz da toma de decisións en épocas preelectoralistas, que posteriormente non se materializan, repercuten negativamente na liquidez dos municipios, obrigándolles aos entes locais a asumir importantes custos por uns servizos que a día de hoxe non se levaron a cabo.
Segundo Candia, o consenso previo e a planificación interadministrativa permitiría levar a cabo proxectos efectivos. Así, ante esta situación, Candia pídelle de novo á José Ramón Gómez Besteiro que clarifique a situación, cumprindo cos compromisos adquiridos en acordo plenario. Para a voceira provincial, declaracións como as verquidas polo Presidente provincial aos medios demostran que o goberno non conta cunha folla de ruta clara e explícita que permita que a encomenda a Suplusa de construcción e xestión das mini residencias se leve a cabo.
Remitido



















Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



