O PP de Mondoñedo, en colaboración cos órganos de goberno, presenta unha folla de ruta para a desexada dinamización socio-económica
Mondoñedo, 13 de abril de 2012- Esta mañá tivo lugar a segunda reunión da Comisión de seguimento, creada a principios deste ano 2012, a raíz da situación económica na que queda o Concello de Mondoñedo e a comarca, despois da mala nova do peche da fábrica ECAR.
Logo da xuntanza a voceira local do PP, Elena Candia, lembrou que foi a raíz da visita do Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, cando se materializou un compromiso co concello de Mondoñedo.
“Creouse unha comisión onde están presentes as institucións que teñen algo que aportar para unha posible e desexada dinamización socio-económica do noso Concello nun futuro que esperemos que sexa a curto prazo”-afirmou Candia.
Di a voceira dos populares en Mondoñedo, que nesta comisión, o PP local, en colaboración cos órganos de goberno da Xunta de Galicia, quere facer unha proposta activa e moi comprometida para que a comisión, teña a medio prazo, uns resultados positivos. A portavoz popular destacou tamén que para a elaboración desta folla de ruta contou coa colaboración dos deputados autonómicos, José Manuel Balseiro e Emma Álvarez Chao.
“Na reunión que acabamos de celebrar o PP local, en colaboración cos órganos de goberno, ven de presentar o que considera a relevante folla de ruta para os vindeiros meses, cun paquete de medidas e ideas para materializar o obxectivo que se quere conseguir”-manifestou Candia.
Asegurou a popular, que nesta liña, é a primeira vez que se puxeron enriba da mesa tódalas vías, axudas e medios que as administracións teñen para que calquera emprendedor ou actividade que queira asentarse en Mondoñedo.
Afirmou Candia que despois de varias reunións de traballo e investigacións, o PP deseñou como 3 liñas de actuación relevantes, para continuar traballando con rigor.
“Concretamente estas tres liñas baséanse en áreas prioritarias porque poden, e porque así no lo ten demostrado o sector privado, un interese especial en desenvolver algunha idea que xere emprego en Mondoñedo, principalmente, e así queremos que se celebre para o vindeiro sábado día 5 de maio, a primeira reunión técnica, cunha visión práctica moi importante, sobre unha fonte de recursos na que creemos que pode enmarcarse o futuro da nosa comarca, que non deixa de ser o desenvolvemento sostible da xestión forestal, concretamente as actividades de biomasa.- manifestou Candia.
Asegurou a popular mindoniense, que nesa liña, plantexando como unha alternativa seria, real e posible para instalarse en Mondoñedo, celebrarase unha mesa de traballo onde empresas que teñen posto en marcha iniciativas similares, sensibilizarán a tódolos sectores que poderían estar implicados, da oportunidade e optimización de recursos para xerar emprego na nosa comarca.
Nomeou Candia, unha segunda liña que tamén lle parece moi relevante de explotar é dinamizar para que poida xerar emprego, insistindo sempre que é o principal obxectivo co que nace esta mesa (para captar inversores e xerar emprego en Mondoñedo): o turismo.
Adiantou Elena Candia, que nesa liña, na primeira quincena de xuño, concurrindo representantes das administracións e empresarios que viven e xeran emprego neste sector, actuarán e sensibilizarán a poboación mindoniense das posibilidades de negocio que deseña este sector.
A voceira dos populares en Mondoñedo tamén manifestou que en terceiro lugar, e tendo en conta a tipoloxía de emprendedores que temos na comarca, pechará a folla de ruta, unha xornada técnica, dirixida fundamentalmente a emprendedores autónomos e aos encadrados nas PEMES, onde todas elas buscan xerar emprego, autorizados por cargos da administración que teñan coñecemento e capacidade para poder tutorizar este tipo de proxectos.
Remitido

















Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



