Os escolares do CEIP Cervo nº1 participaron nas Xornadas de Seguridade Viaria
-O alumnado de infantil e primaria puido entrar en contacto co furgón de Atestados, a motocicleta e o coche patrulla
-Os axentes da Garda Civil de Tráfico expuxeron os seus medios de traballo e explicaron as súas tarefas cotiás
Cervo, 24 de abril de 2012-Os estudantes do CEIP Cervo nº1 de infantil e primaria recibiron a visita dos gardas do destacamento de Tráfico da Garda Civil de Burela, que achegaron ao centro escolar unha mostra dos seus vehículos e dos distintos dispositivos que utilizan no seu traballo diario. Os gardas amosáronlles aos escolares o funcionamento de aparellos como o etilómetro, ou a serea de emerxencia.
A xornada transcorreu dun xeito ameno e participativo, xa que o alumnado tivo a oportunidade de interactuar cos materiais expostos e de facerlles preguntas aos axentes. Os rapaces e rapazas puideron entrar nos vehículos do corpo achegados para a ocasión, como o coche de patrulla de Tráfico, a motocicleta ou o furgón de Atestados. Foron tres os gardas encargados de ofrecer as explicacións: o cabo da Unidade de Atestados e dous motoristas do destacamento de Tráfico da Garda Civil de Burela.
Ademais de amosar o traballo e as funcións do corpo ao alumnado, as xornadas tamén tiñan o obxectivo de formar e informar sobre seguridade viaria. Deste xeito, os axentes estiveron dándolles consellos e nocións básicas sobre o comportamento, a actitude e as precaucións que deben ter ao transitar pola rúa.
A actividade foi organizada conxuntamente polas concellerías de Seguridade e Educación do Concello de Cervo e coa colaboración do destacamento de Tráfico da Garda Civil de Burela. Unha xornada que segundo o edil de Seguridade, José Ramón Soto, “resultou moi satisfactoria, xa que os escolares coñeceron moi de preto como traballa a Garda Civil de Tráfico, o cal serve para que se acheguen ás forzas e corpos de seguridade do Estado e as súas funcións”. Pola súa banda a responsable de Educación, Yolanda Pedreira, destacou a relevancia de que “sexan os propios axentes de Tráfico os que lles transmitan aos cativos normas e consellos para transitar polas rúas que lles poden resultar moi útiles para a súa seguridade”.
Remitido























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



