O 16% DAS MULLERES CON ORDES DE PROTECCIÓN POR VIOLENCIA DE XÉNERO RESIDEN NA PROVINCIA DE LUGO
? Na presentación do balance anual de violencia de xénero en Lugo, a secretaria xeral da Igualdade reiterou a necesidade de interpor denuncia para a posta en marcha dos protocolos de protección da vítima
Lugo, 24 de abril de 2012.- Un total de 226 mulleres con ordes de protección e medidas cautelares, 36 perceptoras de axudas económicas, 58 persoas en programas de atención psicolóxica, 33 en cursos de autoprotección, 30 vítimas con sistemas de telelocalización e 6 agresores controlados con medios telemáticos. Estes son algúns dos datos da incidencia da violencia de xénero na provincia de Lugo o pasado ano, que foron presentados esta mañá na Delegación territorial pola secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, acompañada pola delegada Raquel Arias.
Do conxunto de 1.348 ordes de protección e medidas cautelares comunicadas o pasado ano polos xulgados de Galicia, 226 son mulleres residentes en Lugo, é decir, un 16%. Delas, a finais de outubro, 30 eran usuarias do sistema de telelocalización, segundo datos facilitados a esa data polo Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad do que depende este servizo, que asegura ás vítimas unha atención inmediata e a distancia, as 24 horas dos 365 días, en calquera lugar no que se atopen. Segundo o mesmo ministerio, a finais de ano había 6 agresores residentes na provincia con control telemático das medidas de afastamento.
En Galicia presentaronse 5.153 denuncias, un 3,8% das rexistradas no conxunto de España, se ben 331 renunciaron ao proceso. Entre as denunciantes, non figuraban as tres mulleres -de 19, 38 e 39 anos- que o pasado ano perderon a vida en Galicia a mans das súas parellas ou exparellas, que resultaron vítimas da violencia de xénero sen ter denunciado a súa situación. Ningunha delas tiña a súa residencia na provincia de Lugo.
Susana López Abella reiterou a necesidade de presentar denuncia para por en marcha os protocolos de protección e fixo unha chamada ás vítimas para que teñan confianza en que é posible saír do círculo da violencia, “as administracións, dixo, temos os recursos económicos e humanos e a infraestrutura de acollemento necesaria para axudar a superar a situación”.
Pola súa banda, a delegada territorial apelou á concienciación e á educación como factores para erradicar a violencia de xénero, á que se referíu como “a máxima expresión da desigualdade” e sinalou que os asasinatos representan “a punta do iceberg dun problema que é moito máis amplo do que poden indicar as cifras” .
Axudas económicas
Do total de 300 vítimas que en Galicia percibiron o pasado ano axudas económicas nas tres modalidades establecidas por Igualdade, 36 corresponden a esta provincia, delas 30 obtiveron as axudas na modalidade de pagamentos mensuais que oscilan entre os 300 e os 800 euros, e as 6 restantes percibiron a axuda nun pagamento único, por acreditar insuficiencia de recursos e unhas especiais dificultades para obter un emprego.
Atención psicolóxica
No programa de atención psicolóxica, que é outra das grandes liñas de acción dirixida á recuperación tanto das mulleres como dos seus fillos e fillas menores, participaron en Galicia 533 persoas. Delas son residentes na provincia un grupo de 58, formado por 39 mulleres, 10 menores e 9 persoas con dependencia.
No programa Abramos o círculo, para homes con conductas inadecuadas nas relacións de parella, participou un home residente na provincia lucense.
Unha xestión axeitada da situación de risco
Na presentación do balance, Susana López Abella destacou o valor cualitativo dos cursos de autoprotección que organiza a Secretaría Xeral da Igualdade para que as vítimas aprendan destrezas e habilidades para xestionar axeitadamente as situacións de risco por violencia e como actuar se hai menores diante. O pasado ano celebráronse 11 cursos, dos que dous tiveron lugar nas localidades lucenses de Vilalba e Monforte, con asistencia de 33 mulleres.
E, por último, sinalou que das 314 certificacións que se emitiron en Galicia aos efectos da incorporación das vítimas ao programa de inserción laboral, 30 corresponden a mulleres residentes na provincia, así como 35 dos 289 informes emitidos aos efectos da concesión de vivenda de aluguer.
Os datos presentados hoxe en Lugo forman parte do Informe anual 2011 de Violencia de Xénero da Secretaría Xeral das Igualdade, que realiza un balance exhaustivo da súa incidencia durante o pasado ano e do conxunto de actuacións da Administración autonómica para a protección das vítimas e a mellora da súa recuperación física, psicolóxica e social.
Remitido
























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



