BURELA RENDIRÁLLE MAÑÁ HOMENAXE A RODRIGO MASEDA NA PRAIA DO CANTIÑO, O AREAL NO QUE O POLICÍA NACIONAL PASABA O SEU TEMPO DE LECER. O ACTO DARÁ COMEZO ÁS 12 DO MEDIODÍA.
Burela, 27 de abril de 2012. Burela rendirálle mañá homenaxe a Rodrigo Maseda, o policía nacional falecido o pasado mes de xaneiro na traxedia do Orzán. O alcalde, José Mª González Barcia, asegura que a actuación deste axente é digna de eloxio e quere que este sinxelo acto sirva para transmitirlle á súa familia o máis profundo agradecemento hacia a súa persoa.
O rexedor explicou que “mañá 28 de abril, tal e como estaba previsto desde hai semanas, celebraremos aquí en Burela un acto de homenaxe na memoria do policía nacional Rodrigo Maseda Lozano, falecido tráxicamente no Orzán o pasado 27 de xaneiro, cando con outros compañeiros pretendía salvar a vida dun semellante, do estudiante eslovaco Tomas Velicky”. González Barcia indicou que “o pobo de Burela lle rendirá unha homenaxe a Rodrigo Maseda. Será mañá ás 12 do mediodía na baixada hacia a praia do Cantiño, porque nese areal Rodrigo Maseda pasaba o seu tempo de lecer, disfrutando da paisaxe e do mar e de común acordo coa familia decidimos facer alí dita homenaxe”. Nese lugar a familia descubrirá unha placa que di Na memoria do policía nacional Rodrigo Maseda Lozano. O pobo de Burela e se depositará un ramo de flores.O acto será sinxelo e nel intervirán o Delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez; a delegada territorial da Xunta, Raquel Arias; e o alcalde de Burela, José Mª González Barcia.
O alcalde burelés subliñou que “a intención é amosarlle o respeto, o recoñecemento público e o cariño máis absoluto do pobo de Burela hacia a súa persoa. Nós entedemos, como Corporación Municipal, e eu personalmente así o entendo, que nos momentos actuais nos que asistimos a unha crise sistemática dos valores humáns, a unha crise daqueles valores que deben mover ás persoas hacia a colaboración, etc… creo que o xesto que tivo Rodrigo Maseda Lozano de chegar a dar a súa vida nunha situación extrema por un semellante é digno de eloxio, é digno de ter en conta e é digno de poñer sempre como exemplo do comportamento que debemos ter as persoas hacia os nosos semellantes e hacia nós mesmos”.
González Barcia insistiu en que “mañá o que pretendemos é que esta homenaxe sirva para transmitirlle á súa familia e a él o máis profundo cariño, o máis profundo agradecemento e a máis profunda admiración hacia a súa persoa. Animo a todas as persoas de ben de Burela, da Mariña e de Lugo a asistir a esta homenaxe que ten ben merecida Rodrigo Maseda polo seu xesto de entrega sublime da súa vida pola vida dun semellante”.
Mañá tamén acudirán a Burela unha representación da Policía Local da Coruña; unha representación uniformada do Corpo Nacional de Policía co xefe superior da Policía de Galicia, Jaime Iglesias, ao frente; o subdelegado do Goberno en Lugo e deputados nacionais, autonómicos e provinciais, entre outros.
Remitido