Milleiros de persoas saen á rúa en defensa do noso patrimonio natural
3 de abril de 2012. En resposta á catástrofe ecolóxica que está a sufrir un dos nosos símbolos naturais, as Fragas do Eume, milleiros de persoas saímos ás rúas e prazas das principais cidades e vilas para reclamar máis medios e medidas de protección para o noso patrimonio natural. Fronte á incompetencia e o desleixo da administración no coidado dos nosos espazos protexidos, dos que xa levan ardidos máis de 15.000 ha dende o outono (Macizo Central, Limia-Xurés, Ancares-Courel…), ADEGA esixe responsabilidades á Xunta por unha política forestal suicida, un ordeamento do territorio cómplice e unha xestión ambiental orientada a desmontar a protección e a boicotar a conservación do millor da nosa natureza.
COMUNICADO EN DEFENSA DAS FRAGAS DO EUME E CONTRA A RAPINA DO NOSO PATRIMONIO NATURAL
Pontedeume1As organizacións, colectivos e persoas aquí presentes queremos amosar en primeiro lugar a nosa solidariedade coa veciñanza dos Concellos de A Capela, As Pontes e Monfero que están a padecer as consecuencias directas dos lumes que afectan ás Fragas do Eume. Enviamos tamén o noso apoio aos efectivos e persoas voluntarias que están a traballar nos labores de extinción.
O incendio das Fragas do Eume é a consecuencia directa das políticas baseadas na falta de planificación e de xestión forestal e do desleixo pola conservación dos nosos espazos naturais protexidos. Aínda que os responsables políticos, nomeadamente Alberto Núñez Feijoó, destacan xunto a intencionalidade do incendio as condicións climatolóxicas de vento e escaseza de humidade, queremos denunciar que as dimensións desta catástrofe non poden entenderse sen considerar outros factores referentes as políticas forestais e ambientais da Xunta de Galiza:
Retranca e deseño galegoA declaración das Fragas como Parque Natural en 1997 non trouxo consigo as medidas necesarias para garantir a súa conservación. 15 anos despois aínda non conta co obrigado Plano Reitor de Usos e Xestión (PRUX) o que favoreceu que as Fragas sufran un paulatino proceso de eucaliptización e invasión de especies alóctonas. No mesmo estado de abandono atópanse a práctica totalidade dos nosos espazos naturais protexidos.
A administración galega primou a extinción en detrimento da prevención. Se a isto sumamos a precariedade laboral das brigadas e a falta de medios coa que traballan, ademais da decisión de recortar os medios para o coidado dos espazos naturais, resulta unha situación de grave perigo para os nosos montes. Así, dende o outono pasado os nosos espazos protexidos están a sufrir unha catástrofe sen precedentes: ardeu o Macizo Central, A Limia, a Reserva da Biosfera de Allariz, Ancares-Courel, e agora as Fragas do Eume.
Encol da política forestal, a cidadanía merece que a Xunta resposte a estas cuestións:
Por que recortou en 20 millóns de € os orzamentos para prevención e 2 millóns de € para extinción? Por que promove unha Lei de Montes que reduce as faixas de protección, o tempo para aproveitar os terreos queimados e permite masas monoespecíficas (eucaliptos, por exemplo) de máis de 50 ha continuas? Por que se reduciu significativamente e precarizou os operativos de loita contra o lume, eliminouse o Voluntariado do Monte, suspendéronse as BIIF (Brigadas de Investigación dos Incendios Forestais), paralizáronse as UXFOR e abriuse a porta á especulación do monte coas SOFOR?
Xa que logo, á hora de avaliar as causas desta catástrofe, a Xunta de Galiza por acción ou omisión ten tanta responsabilidade como os incendiarios.
Perante a gravidade dos acontecementos, as organizacións, colectivos e persoas aquí presentes esiximos que a Xunta dedique todos os medios técnicos, materiais e humanos para extinguir as chamas e protexer as zonas máis sensíbeis do Parque Natural. Despois, deben investigarse as orixes, as causas e as intencións desta catástrofe, en particular a posíbel relación co proxecto de mina de andalucita. A seguir, é urxente a elaboración e posta en marcha de planos de restauración para recuperar a biodiversidade afectada e a impedir a erosión e a especulación das zonas queimadas. Unha administración ten que estar para algo máis que para facer unha foto o día da árbore, mentres os nosos bosques arden!
LUMES, NUNCA MÁIS!!!























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



