O EQUIPO DE GOBERNO LEVARÁ AO VINDEIRO PLENO UNHA MOCIÓN NA QUE DEMANDA O MANTEMENTO DAS PARTIDAS DESTINADAS POLA XUNTA AO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR. NO 2010 O GOBERNO GALEGO APORTOU EN RIBADEO PARA DITO SERVIZO 43.900 EUROS, NO 2011 A CANTIDADE DESCENDEU ATA OS 13.000 EUROS E NO 2012 O CONCELLO NON RECIBIRÁ NIN UN SÓ EURO. FERNANDO SUÁREZ TILDA DE “AUTÉNTICO DESPROPÓSITO” ESTE RECORTE.
Ribadeo, 30 de abril de 2012. O equipo de goberno levará ao vindeiro pleno unha moción para o mantemento do servizo de axuda no fogar por parte da Xunta de Galicia. O alcalde, Fernando Suárez, denuncia que o Concello de Ribadeo non recibirá nin un só euro neste 2012 destinado a dito servizo e pide que se leven adiante políticas sociais que non estean baseadas na caridade.
O rexedor dixo que “con esta proposta que queremos presentar no seguinte pleno e que vai dirixida á Xunta de Galicia para o mantemento do servizo de axuda no fogar, este servizo que é tan importante para moitas persoas en todo o rural e en todo o ámbito galego e que estaba participado ata o de agora por aportacións do Concello de Ribadeo, dos usuarios, da Deputación Provincial de Lugo e da Xunta”.
Suárez Barcia asegura que “co decreto que a Xunta ven de aprobar esta administración váise desentender absolutamente da axuda que nos viña prestando, xa moi minguada nos últimos tempos, e non vai aportar nin un só euro para este servizo. Hai que salientar que o servizo de axuda no fogar básico ou de libre concurrencia é ese servizo ao que acuden persoas con problemas de desestructuración familiar, de casos de enfermidade aguda despois dun alta hospitalaria ou mesmo persoas en situación de dependencia, que aínda non están valoradas… en Ribadeo temos unhas 77 persoas que se benefician da axuda no fogar cun custe anual de 150.000 euros e no que a Xunta investirá este ano 0 euros”. O rexedor lembrou que no ano 2012 a aportación da administración galega en Ribadeo para o servizo de axuda no fogar foi de 43.900 euros, cifra que no 2011 descendeu ata os 13.000 euros e no 2012 será de cero euros.
Para o alcalde ribadense “isto é un auténtico despropósito e nesta situación atopámonos na provincia de Lugo todos os concellos de menos de 20.000 habitantes, concellos que excluíndo o da cidade de Lugo somos todos os demáis. A Deputación ao longo destes últimos anos estivo a subir a súa porcentaxe de participación, pero agora sería o único organismo que de xeito supramunicipal nos podería seguir botando un man, sen perxuizo de que os Concellos afectados teñamos que revisar á alza as tarifas que os usuarios pagan, e iso no mellor dos casos porque no peor teremos que reducir os servizos por non podelos soster”.
Gardería pública
Fernando Suárez manifestou que “eu que sempre son bastante metódico á hora de elevar o tono contra a Xunta, quero neste momento dicilo ben alto e ben forte o auténtico despropósito que está a exercer esa administración nos servizos sociais, que está actuando contra a xente maior, contra a xente con menos recursos e que máis precisa do apoio das institucións. E tamén me podo referir á xente nova e ás garderías públicas porque hai poucos días que me enterei do que me parece xa o colmo do despropósito da Xunta, agora os responsables autonómicos prohíbenlles ás traballadoras das garderías, como pode ser a de Ribadeo que depende ao 100% da Xunta, que coman da comida que elas mesmas elaboran para os nenos e para as nenas dese centro”. E engadiu que “na actualidade a gardería ten unhas 120 ou 130 prazas, as cociñeiras elaboran a comida e agora non poden comer deses alimentos e teñen que traer a comida das súas casas. Paréceme moi pírrico o aforro e moi frugal esa política de recortes que, aparte de non conseguir nada no plano do aforro, está a desmotivar ás traballoras e da unha imaxe patética por parte da Xunta de Galicia e por parte dos seus responsables políticos”.
Na moción que o equipo de goberno levará ao vindeiro pleno “imos pedirlle á Xunta que siga cofinanciando os gastos que temos que asumir os Concellos de menos de 20.000 habitantes, que contribúa económicamente con estes servizos sociais comunitarios e que faga unha política social non baseada na caridade, que é o que están a facer últimamente os gobernos galego e estatal, senón que é un dereito que nos asiste a todos desde hai moito tempo, polo menos desde hai 35 anos de democracia”.
Remitido























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



