O deputado insiste en que debe respetarse e deixarse traballar á Xustiza nos procedementos penais pendentes pero que as irregularidades detectadas ata o momento foron acreditadas por sentenza firme do TSXG
BALSEIRO: CÓMPRE RECUPERAR A CORDURA XURÍDICA ANTE AS ANOMALÍAS URBANÍSTICAS QUE OS TRIBUNAIS DIN PROTAGONIZOU O GOBERNO DE VIVEIRO
A Secretaria Xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, sinala que non pode aceptarse que unha licenza que se outorga cos informes técnicos e sectoriais negativos poda ser axustada a dereito.
Santiago, 12 de abril de 2012.- O deputado do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, sinalou hoxe durante a súa intervención na Comisión de Urbanismo do Parlamento de Galicia, que “cómpre recuperar a cordura xurídica ante as anomalías urbanísticas protagonizadas polo Goberno municipal de Viveiro”. Lembrou ademais que estas irregularidades descritas -tras o outorgamento de licenzas por silencio administrativo e carecendo dos obrigados informes técnicos, xurídicos ou sectoriais- non son froito dunha interpretación partidista “senón afirmadas e consideradas como feitos probados por sentencia firme polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)”.
De feito a sección segunda da sala do contencioso-administrativo do máis alto tribunal galego, confirmaba sentencias anteriores a anulaba a licenza outorgada polo Executivo muncipal que preside o socialista Melchor Roel, cando o 4 de decembro de 2006, autorizaba construír un edificio de 200 vivendas no lugar de O Coído, en Covas.
Neste senso a Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, sinalou -en resposta a Balseiro- que non pode aceptarse que unha licenza que se outorga cos informes técnicos e sectoriais negativos, ou carecendo deles, -como fixo o Goberno municipal de Viveiro- poda ser axustada a dereito. E lembrou que os técnicos municipais que censuraban as decisións do alcalde en materia de urbanismo “son os máximos garantes de que os proxectos de edificación presentados son coformes á lei e ao planeamento municipal vixente”
RESPECTAR O TRABALLO DA XUSTIZA
Balseiro lembrou que neste momento hai un procedemento penal aberto contra o Alcalde socialista de Viveiro e outros ex-membros da Xunta de Goberno local que outorgaron varias licenzas afectadas por estas irregularidades. Por iso deixou claro que a súa intención non era facer xuízos paralelos. Balseiro dixo que “non hai que anticiparse e hai que respectar e deixar traballar á Xustiza neste ámbito, que dilucide as responsabilidades que se estiemen oportunas conforme aos feitos acontecidos”.
En todo caso o deptuado popular insistiu que o asunto concreto do que se falaba hoxe no Parlamento respondía a que xa existe unha sentenza xudicial firme donde se anulan licenzas de obra conforme ás irregularidades descritas e na que incluso o propio TSXG decide dar traslado destes feitos ao Ministerio Fiscal ao obxecto de que poidan ter algunha relevancia penal.


















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



