——————
Organización MACROKDD FAZER
——————
Os amantes das motos terán unha cita en San Cibrao os días 28 e 29 de abril coa MACROKDD FAZER que reunirá a centos de namorados do mundo da motocicleta.
O evento coincide coa oitava edición da Reunión Nacional do Clube Fazer Hispania, contará con animación de rúa, actividades de divulgación da seguridade viaria, demostracións, concertos ao ar libre, premios para os e as participantes e axudará a promocionar e dinamizar a economía local coa visita de centos de participantes.
Os organizadores agradecen a colaboración das asociacións locais, a hostalaría e as institucións, nomeadamente o Concello de Cervo e a Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo.
San Cibrao, 10 de abril de 2012.
A web http://www.fazer-hispania.com/ reúne a milleiros de persoas amantes da motocicleta do modelo Fazer da marca Yamaha que anualmente organizan reunións ou quedadas de convivencia en diferentes puntos do estado, a 8ª edición da “REUNIÓN NACIONAL FAZER HISPANIA” terá lugar en San Cibrao os días 28 e 29 de abril na que reunirá a socios de toda a Península e que organiza paralelamente a MACROKDD FAZER co obxeto de xuntar o maior número de propietarios desta marca e modelo de moto. Con este evento volcaronse os organizadores David Ojea e Juan José Parra, que contactaron con asociacións de veciños, comerciantes, hostaleiros e institucións que apoian este evento que pretende ademais de reunir a amantes das motos pretende promocionar San Cibrao, Cervo e A Mariña e axudar a dinamizar a economía local coa chegada de centos de visitantes.
Os organizadores e promotores do evento da MACROKDD FAZER, David Ojea e Juan José Parra levan traballando varias semanas na organización deste evento que conta coa colaboración da Asociación de Comerciantes local, AA.CC. Os Aventados, o Concello de Cervo e a Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo ademais de marcas comerciais. Os organizadores aproveitaron para agradecer a colaboración dos veciños, asociacións, hostaleiros, marcas comerciais e institucións sen a cal sería imposible levar adiante este evento.
A MACROKDD FAZER de inscrición gratuíta disporá de zona de acampada e a colaboración de hostaleiros e o comercio local cuxa ACIA volcouse co evento. Entre as actividades programadas está prevista a celebración de foros de seguridade viaria, demostracións, actividades culturais, visitas aos puntos de maior interese da comarca, animación de rúa, concertos, retransmisión do gran premio de Xerez cunha gran pantalla ao ar libre, etc.
Os organizadores mostráronse moi satisfeitos de que esta Edición da Macrokdd Fazer veña a San Cibrao e agardaron que este serva para que os visitantes foráneos que se acheguen o día 28 e 29 coñezan os múltiples atractivos turísticos cos que conta San Cibrao, Cervo e A Mariña.
Remitido
——————
Concello de Cervo
——————
San Cibrao reunirá a centos de motoristas na Macro Kedada Fazer que terá lugar o 28 e 29 de abril
-A administración cervense colabora coa achega de capital humano, material e premios
-O Concello acondicionará o pavillón municipal para convertelo no lugar de acampada dos motoristas
-Prevese que o evento teña unha importante repercusión económica na zona
Cervo, 10 de abril de 2012-A vila cervense de San Ciprián será o epicentro da Macro KDD de moteiros de Yamaha Fazer convocada para o vindeiro 28 e 29 de abril. Ese día, centos de afeccionados ás motos reuniranse para participar nesta xornada de irmandamento que inclúe numerosas actividades que combinan o lecer, a diversión e a aprendizaxe.
A Macro KDD presentouse esta tarde no paseo marítimo de San Ciprián, fronte á praia do Torno, onde se deron a coñecer todos os detalles desta xuntanza. No acto participaron a delegada da área de Cultura, Tania González, Concellería que colabora no encontro achegando capital humano, medios e premios; David Ojea e Juan José Parra, dous afeccionados ás motos que organizan o evento a través de Fazer-Hispania, que todos os anos convoca acontecementos deste tipo; así como representantes doutras entidades.
Este evento está especialmente dirixido a motoristas propietarios de motos Fazer, da marca Yamaha, que serán os que gozarán de todas as vantaxes do programa, aínda que tamén poden participar persoas que no dispoñan deste tipo de vehículos. Os que se acheguen na súa Fazer terán consumicións gratuítas (auga ou cervexa sen alcohol), merenda, participacións para os sorteos de premios e prezos especiais para consumicións en locais de ocio nocturno.
Ademais, todos os participantes sen excepción terán vantaxes como acampada gratuíta e descontos nos establecementos hoteleiros colaboradores da localidade. Para calquera das dúas opcións terán que inscribirse e facer reserva, xa que a entrada á zona de acampada só estará permitida a persoas acreditadas. En canto ás persoas que queiran aloxarse en hoteis, hostais ou casas de turismo rural deberán facer a reserva poñéndose en contacto cos propios establecementos.
Programa
Os actos programados desenvolveranse en distintos espazos da vila. Un dos escenarios será a Praza dos Campos, onde están previstas actuacións musicais, exposicións de vehículos antigos ou a emisión do campionato GP de Xerez en pantalla xigante. O Auditorio da Casa da Cultura será outro dos puntos de actividade, onde os motoristas acudirán a charlas relacionadas coa Seguridade Viaria, con relatores da Dirección Xeral de Tráfico; primeiros auxilios, con Mario Antuña, técnico de Protección Civil de Cervo como relator; restauración de motos ou o papel das motocicletas no audiovisual.
O pavillón municipal converterase no punto de acampada, e será acondicionado por persoal municipal para acoller aos motoristas participantes. “Dende o Concello estamos moi satisfeitos por poder recibir a centos de motoristas no noso municipio” asegura a edil de Cultura, Tania González, “e por iso quixemos implicarnos achegando apoio loxístico e medios que permitan que a quedada sexa un éxito e así, intentar que uns visitantes puntuais se convertan en habituais”, engade a concelleira.
Unha quedada que se convoca a nivel estatal e ao que está previsto que se acheguen motoristas de todo o norte peninsular, polo que “é unha moi boa oportunidade para dar a coñecer a vila de San Ciprián e o municipio de Cervo” di González. Cabe engadir que no programa inclúense visitas turísticas aos puntos máis destacables da zona. Ademais, a colaboración de locais de restauración, hoteleiros e de ocio, que ofrecerán prezos especiais para os participantes, “favorecerá a permanencia dos motoristas no municipio e polo tanto, que a quedada deixe unha pegada na economía local” remata a responsable de Cultura.
Remitido
——————
Vicepresidencia 1ª
Deputación de Lugo
ANTONIO VEIGA PARTICIPOU, NA TARDE DE HOXE EN SAN CIBRAO, NA PRESENTACIÓN DA 8ª EDICIÓN DA “MACROKDD FAZER”
Esta concentración moteira terá lugar os días 28 e 29 de abril en San Cibrao e os seus arredores
Antonio Veiga destacou “a importancia deste tipo de eventos na posta en valor do deporte do motor na provincia de Lugo”
San Cibrao, 10 de abril de 2012. A web http://www.fazer-hispania.com/ reúne a milleiros de persoas amantes da motocicleta do modelo Facer da marca Yamaha que anualmente organizan reunións ou quedadas de convivencia en diferentes puntos do estado, a 8ª edición da “MACROKDD FACER” terá lugar en San Cibrao os días 28 e 29 de abril na que se volcaron os organizadores David Ojea e Juan José Parra, que contactaron con asociacións de veciños, comerciantes, hostaleiros e institucións que apoian este evento que pretende ademais de reunir a amantes das motos pretende promocionar San Cibrao, Cervo e A Mariña e axudar a dinamizar a economía local coa chegada de centos de visitantes.
O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, participou na tarde de hoxe, no paseo marítimo de San Cibrao, na presentación desta concentración moteira, e afirmou que esta actividade “pretende poñer en valor o deporte do motor, así como resaltar a relación social que une a pilotos, copilotos, e a multitude de axudantes que fan posible a realización deste tipo de eventos”, O evento está organizado por Fazer-Hispania e o Concello de Cervo, coa colaboración da Área de Deportes da Deputación de Lugo.
Entre as actividades que se van organizar en torno a este encontro o sábado 28 de abril, están previstos concertos musicais con grupos da zona, actividades de difusión sobre seguridade vial, primeiros auxilios, restauración de motos, así como actividades culturais na rúa e de dinamización comercial. O domingo 29, proxectarase en pantalla xigante, o Gran Premio de Motos de Jerez.
A inscrición nesta actividade é gratuíta e inclúe unha consumición, unha merenda, participación no sorteo de regalos, prezos especiais en consumicións e entrada en festa nocturna, así como acampada gratuíta e descontos en hostais, hoteis e casas rurais colaboradoras. Durante os dous días nos que se desenvolve a concentración, os locais hostaleiros da zona porán a disposición dos participantes, unha cena moteira a un prezo especial o sábado 28, e un menú moteiro a un prezo especial o domingo 29.
Neste sentido, Antonio Veiga quixo salientar “ a importancia do evento non só en relación co mundo deportivo, senón a importancia que ten dende o eido turístico, xa que este tipo de encontros moven a un gran número de persoas e xeran riqueza no ámbito do turismo e da hostalaría”.
Remitido
——————