O acto, no que participarán unhas 40 persoas, terá lugar o 25 de abril en Burela
Delegados e delegadas da CIG de A Mariña participarán nunha xornada sobre “actuacións dos delegados/as de prevención”
O Gabinete Técnico de Saúde laboral da CIG celebrará o mércores 25 de abril unha xornada/asemblea para delegadas e delegados da comarca da Mariña. Asistirán delegadas e delegados de distintas empresas radicadas na comarca e de diferentes sectores (mar, construción, administración, metal e saúde).
A xornada iniciarase ás 10:30 da mañá e rematará ás 18:30horas.
Na primeira parte o Gabinete de Saúde Laboral da CIG informará ás delegadas e delegados dos cometidos propios dos delegados/as de prevención.
Na xornada de tarde contaremos coa presenza do Secretario Confederal de Saúde Laboral e Negociación Colectiva, Antolín Alcántara, quen nos falará das repercusións da reforma laboral na saúde laboral e das novas claves da negociación colectiva como resposta aos recortes de dereitos laborais.
O acto servirá tamén para presentar a campaña do vindeiro Día da Clase Traballadora que este ano leva como lema “Por emprego digno, non ás políticas económicas e laborais do Partido Popular” e repartir o material anunciador da manifestación que a CIG vai levar a cabo o 1º de Maio e que desta volta terá lugar en Mondoñedo.
Remitido
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



