A área de Igualdade do Concello de Ribadeo organiza unhas Xornadas sobre abordaxe integral da violencia de xénero desde o ámbito local. Este ano desde a comisión interinstitucional de violencia de xénero , ente organizador destas xornadas anuais, imos centrarnos na análise das violencias invisibles, da violencia simbólica. Visibilizando esas violencias, detectándoas, desenmascarándoas, denunciándoas podemos abrir portas cara á esa igualdade de xénero tan desexada e necesaria. Serán os días 20 e 21 de abril no Teatro de Ribadeo.
