RAQUEL ARIAS INAUGURA EN BURELA UN CURSO FORMATIVO NO QUE PARTICIPAN MEMBROS DE PROTECCIÓN CIVIL DE SEIS CONCELLOS DA MARIÑA
Na actividade concorren un total de 21 voluntarios dos municipios de Burela, O Vicedo, Mondoñedo, Viveiro, Cervo e Ribadeo
A delegada explicou que a programación da Academia Galega de Seguridade para o presente exercicio contempla 12 cursos a celebrar en distintos puntos da provincia, que ofrecerán formación en total a 250 persoas
Burela, 21 de maio de 2012.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, inaugurou hoxe en Burela o Curso básico de Protección Civil que organiza a Academia Galega de Seguridade, organismo dependente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Esta iniciativa formativa, a cuarta das que se celebran na provincia no presente ano, permitirá formar a 21 persoas pertencentes ás agrupacións de Burela, O Vicedo, Mondoñedo, Viveiro, Cervo e Ribadeo.
O curso foi inaugurado no salón de actos da casa consistorial de Burela e desenvolverase en horario de tarde ata o día 26, completando 20 horas lectivas.
A representante do Executivo galego na provincia gabou a colaboración altruísta que realizan os voluntarios nos seus respectivos concellos, á vez que recoñeceu “o esforzo que realizades e o compromiso que adquirides ao demandar esta formación que vos habilita para prestar importantes servizos na vosa comunidade”.
Arias incidiu en que este servizo forma parte do tecido impulsado pola Xunta en Lugo, xunto cos Grupos de Intervención Rápida (grumir) e as dotacións de bombeiros, para conseguir “unha atención integral que é preciso dar”.
En materia de emerxencias, Arias destacou a importancia da labor desenvolvida por estas agrupacións de protección civil, que facilitan que se poida cumprir o obxectivo de “dar unha resposta eficaz nun tempo razoable de 20 minutos” á poboación, xa que actúan como complemento aos parques de bombeiros e aos grumires.
A Academia Galega de Seguridade realiza unha programación formativa dirixida maioritariamente a voluntarios de Protección Civil así como membros dos Grupos Municipais de Intervención Rápida e dos servizos municipais de emerxencia, aínda que na provincia de Lugo tamén se prevé algunha actividade orientada a policías locais e bombeiros profesionais.
Polo que se refire ó labor formativo que desenvolve a Academia Galega de Seguridade, a delegada explicou que a programación para o presente exercicio contempla 12 cursos a celebrar en distintos puntos da provincia, que ofrecerán formación en total a 250 persoas. A data de hoxe concluíron xa os de Friol, Sober e Portomarín.
A programación comprende cursos básicos e especializados, como os de prevención e loita contra incendios urbanos e forestais, accidentes en estrada, busca e salvamento en montaña e zonas illadas ou intervención en emerxencias en torres eólicas. Constan dun mínimo de 20 horas lectivas e un máximo de 40.
O principal obxectivo, asegurou Raquel Arias, “é dotar aos voluntarios dos coñecementos necesarios para colaborar cos profesionais das emerxencias”. A delegada destacou esta “valiosa axuda” ao tempo que lembrou o compromiso da Xunta coa ampliación dos servizos de emerxencia profesionais, aludindo ao despregamento da rede de parques de bombeiros na provincia.
Apoio aos concellos para os Grumir
Ao respecto das actividades dos grumir, Raquel Arias incidiu tamén no “importante apoio que supoñen para os concellos” e lembrou que a Consellería de Traballo e Benestar está a tramitar xa as autorizacións para facilitar a contratación anticipada do persoal destas agrupacións.
Arias comunicou que, no que atinxe aos Grumir da Mariña, a Xunta de Galicia xa remitiu a autorización para a contratación anticipada aos concellos de A Pontenova, Cervo e Burela; están pendentes de completar a documentación requirida Ribadeo e Viveiro.
En total, subliñou, esta actuación da Consellería de Traballo e Benestar permitirá a contratación inmediata de 72 traballadores desempregados, ademais de procurar aos municipios un servizo de emerxencias de contrastada eficacia.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



