O alcalde de Burela quere recuperará a xunta local de seguridade que non se reune desde fai máis de 4 anos
GONZÁLEZ BARCIA ASEGUROU QUE O EQUIPO DE GOBERNO RECUPERARÁ A XUNTA LOCAL DE PROTECCIÓN CIVIL QUE, CONSTITUIDA EN 1999, NON SE REUNIU NUNCA DURANTE O GOBERNO BIPARTITO. O REXEDOR ACOMPAÑOU A RAQUEL ARIAS NA INAUGURACIÓN DUN CURSO BÁSICO DE PROTECCIÓN CIVIL QUE SE CELEBRA EN BURELA.
Burela, 21 de maio de 2012. O alcalde, José Mª González Barcia, asistiu á inauguración dun curso básico de Protección Civil en Burela, que presidiu a delegada territorial da Xunta, Raquel Arias.
O rexedor subliñou que “para o Concello é importante que se faga aquí un curso básico de Protección Civil”. E lembrou que “no ano 1997 creóuse a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Burela, que foi prácticamente unha das primeiras da Mariña. Dous anos despois, no 1999, elaboróuse e aprobóuse o Plan de Emerxencia Municipal, aínda en vigor, que foi un dos primeiros de toda Galicia e acto seguido constituíuse a Xunta Local de Protección Civil, que non se reuniu durante o bipartito e que nós imos tentar recuperar”.
González Barcia tivo palabras de agradecemento “para todos os voluntarios que formaron parte e que forman parte da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Burela, polo seu traballo desinteresado e altruísta en beneficio da poboación. Pasamos de ter no ano 1997 un Land Rover vello, que non había por onde collelo, a contar cun camión de bombeiros, que se adquiriu nos dous últimos meses da etapa anterior do PP”.
O alcalde engadiu que “en anos anteriores Burela foi sede de cursos de especialización de Protección Civil e agardamos que o sexa de novo agora. Quero agradecerlle á delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, a súa presenza hoxe en Burela. Todo isto é un respaldo á grande labor que fan os voluntarios, que é totalmente desinteresada”.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



