O Goberno provincial esixe á Xunta a derogación do Decretazo sobre os Servizos Sociais polas súas “graves infraccións legais”
– A Deputación de Lugo pregúntalle á Xunta onde están os cartos para as Axudas no Fogar que por Lei está obrigada a presupostar todos os anos nas Contas Autonómicas
– Logo de Preescolar na Casa, o Centro de Recría, os Hospitais e agora os Servizos Sociais, Valiño remarca que “a Xunta pretende que enmendemos os seus desaguisados na provincia”
– A Xunta ten un prazo de un mes para respostar ó requirimento da Deputación. De non facelo, a institución luguesa recorrerá ó Contencioso para que os recortes autonómicos non supoñan que en Lugo 3.000 persoas perdan as Axudas no Fogar e outras 2.000 os seus empregos
O Vicepresidente Primeiro e Deputado de Benestar Social, Antonio Veiga Outeiro, xunto ó Deputado de Cooperación e Asistencia ós Concellos, Juan José Díaz Valiño, avanzaron este lunes que a Deputación de Lugo presentará un requirimento á Xunta de Galicia, esixíndolle a derogación do Decreto 99/2012 polo que se regulan os Servizos Sociais Comunitarios e o seu financiamento, debido “ás claras infraccións legais acometidas polo Partido Popular tanto na forma como no contido”.
1.- Ó respecto das infraccións na forma, Díaz Valiño explicou o seguinte, sentenciando que “é unha chapuza administrativa”:
1.1 INFRACCIÓN.- O Goberno galego aprobou este decreto sen informe material previo e preceptivo da Asesoría Xurídica Xeral. É dicir, incumpriu o artigo 43 da Lei 16/2010 de Organización e Funcionamento da Administración e do Sector público Autonómico de Galicia (LOFASGA), que rexe o procedemento de elaboración das disposicións de carácter xeral, e que sitúa o informe da Asesoría Xurídica Xeral na fase final do procedemento de elaboración dunha norma e inmediatamente antes do informe da Secretaria Xeral Técnica da Consellería.
1.2 INFRACCIÓN.- A omisión deste trámite provocou que o ditame do Consello Consultivo de Galicia que, tal e como obriga a lei se realiza posteriormente ó ditame da Asesoría Xurídica XeraI, fose parcial e non abarcase a totalidade dos aspectos que comprende o Decretazo. Isto só podería subsanarse, iniciando de novo o procedemento co fin de realizar os trámites eludidos, feito que non se produciu.
1.3 INFRACCIÓN.- Non se realizou o esencial trámite de audiencia, é dicir, a Xunta non buscou o consenso das administracións afectadas, tales como Concellos e Deputacións, ás que o decretazo impón novas obrigas económicas e sen as transferencias correspondentes. A Administración autonómica debe ser respetuosa coas normas de procedemento de elaboración de disposicións de carácter xeral, esixencia aínda máis exquisita ante un decreto que afecta ás relacións interadministrativas, consagradas no Pacto Local.
2.- Polo que se refire ás infraccións no contido, estas baséanse na Lei 13/2008 de Servizos Socias de Galicia (LSSG). “Unha norma que existía en 2010 cando a Xunta concedeu na provincia 1.100.000 euros para as Axudas no Fogar e 459.000 euros no 2011. É dicir, a mesma Lei a que agora se amarra o Partido Popular para suprimir estas axudas. Entonces…., que facían antes?, prevaricar?, destacou Veiga Outeiro.
2.1 INFRACCIÓN: O Goberno galego infrinxe a Lei de Servizos Socias de Galicia ó suprimir o financiamento autonómico das Axudas no Fogar para persoas non recoñecidas como dependentes nos Concellos de menos de 20.000 habitantes. E é que segundo o artigo 53 desta norma “o Parlamento de Galicia aprobará anualmente nos presupostos xerais AS CANTIDADES NECESARIAS para facer fronte ó cumprimento dos gastos derivados do exercicio DAS COMPETENCIAS DA XUNTA DE GALICIA en materia de servizos sociais. A atribución ás entidades locais deberá ir acompañada da TRANSFERENCIA DOS MEDIOS ECONÓMICOS, materiais e persoais que resulten necesarios para o axeitado exercicio das mesmas. É dicir, explicou o Deputado de Cooperación cos Concellos, o Goberno galego está obrigado a financiar mediante os seus Presupostos as Axudas no Fogar, así como a transferir a TODOS OS CONCELLOS os medios económicos necesarios para o seu axeitado desenvolvemento.
2.2 INFRACCIÓN: A Xunta tamén infrinxe a Lei de Servizos Sociais cando co seu Decretazo obriga ás Deputacións a asumir o financiamento das Axudas no Fogar nos Concellos de menos de 20.000 habitantes, mediante unha partida específica nos seus Orzamentos. Dice o artigo 54: Os CONCELLOS, –QUE NON AS DEPUTACIÓNS–, terán que consignar nos seus presupostos as cantidades necesarias para a creación, mantemento, xestión e desenvolvemento dos servizos sociais da súa competencia.
A única pequena referencia da Lei de Servizos Sociais de Galicia ás Deputacións faise no artigo 63, que cumprimos escrupulosamente”. Artigo 63: As Deputacións proporcionarán asistencia económica, técnica e xurídica ós Concellos na execución das súas competencias en materia de servizos sociais, especialmente na prestación de servizos sociais comunitarios básicos por aqueles Concellos con menos de 20.000 habitantes, de conformidade co previsto na normativa de réxime local. E as BASES DE RÉXIME LOCAL establecen que: a asistencia económica das Deputacións, coa única excepción dos Plans provinciais de cooperación de obras e servizos, sexa a subvención.
“Responsabilidade, cartos e prioridades”
Díaz Valiño explicou que “nós non eludimos as nosas responsabilidades”. Proba delo, no 2010 a Deputación de Lugo concedeu ós Concellos 500.0000 euros en subvencións para cooperar co financiamento das Axudas no Fogar, no 2011 mantivo esta cantidade e este ano incrementouna nun 20%, con 600.000 euros. En contraposición, o Goberno galego, administración obrigada pola Lei a financiar os Servizos Sociais e coas máximas competencias nesta materia, achegou 1.100.000 euros no 2010, cantidade que recortou ata os 450.000 euros no 2011 e que directamente suprimiu, pasando ós cero euros, no 2012.
O Deputado engadiu que “somos unha administración seria e responsable. Mostra delo, no mes de novembro, antes que calquera outra administración galega, aprobamos o Orzamento para 2012 porque xa tiñamos por aquel entón planificadas e presupostas as medidas necesarias para cooperar cos Concellos, entre as que se atopa as Axudas no Fogar. Entendemos que Feijóo e a Xunta, que ten un Presuposto 20 veces maior ó desta Deputación, debería facer o mesmo. Pero está claro que o Goberno galego nos mentiu e non planificou os seus presupostos, deixándose levar pola improvisación, ou ben ¿onde están os cartos que presupostou para as Axudas no Fogar no 2012 que por lei están obrigados a outorgar a todos os Concellos?”.
Con estes datos oficiais, o Deputado de Cooperación cos Concellos remarcou que “a Xunta sale moi cara ós lugueses. Pasaron das súas obrigas en Educación e a Deputación tivo que aumentar os seus cartos para Preescolar na Casa; pasaron dos gandeiros e a Deputación tivo que financiar en solitario o Centro de Recría de Gando; pasaron do Hospital de Castro onde Feijóo mentíu á cara ós veciños; e agora vólvennos a pasar a súas responsabilidades nas Axudas no Fogar e sen transferir a partida económica correspondente. Que quere o PP?, que a Deputación de Lugo enmende todos os seus desaguisados?. O problema é que os traballadores, os dependentes, ou nosos maiores non contan para Feijóo. El, como ó Partido Popular, prefire perdonar ós ricos que defraudaron ó Estado, ofrecéndolles unha Amnistía Fiscal. Ten otras prioridades”.
Busqueda de consenso e prazos
A Deputación de Lugo acude ó requimento e non ó contencioso administrativo como podería facer legalmente durante os dous meses posteriores á aprobación deste Decreto porque, tal e como subliñaron os Deputados: “non buscamos confrontacións. Esta institución quere dar solucións legais, chegar a un acordo respetando as leis, consensuar entre administracións cunha cuestión tal importante como o mantemento dos Servizos Sociais co fin de garantir as prestacións ós veciños e o Estado do Benestar”. Este vernes, a Xunta de Goberno aprobará este requirimento, dándolle un prazo dun mes ó Goberno galego para respostar. En caso contrario, a institución luguesa recorrerá ó Contencioso Administrativo. Hai que ter en conta que se non se anula o Decretazo a Xunta suprimirá, definitivamente, o seu financiamento para as Axudas no Fogar nos Concellos de menos de 20.000 habitantes. As consecuencias en Lugo serán as seguintes: 66 Concellos afectados onde preto de 3.000 persoas non contarán con esta prestación e outras 2.000 perderán os seus postos de traballo.























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



