O Goberno provincial incrementa en máis de 1 millón de euros o gasto social en Lugo
-Martínez e Outeiro adiantan que, “ante os drásticos recortes dos Gobernos do PP, a Deputación vese na obriga de reducir o investimento en obra pública para adicalo a políticas sociais”
– Besteiro invita ó Presidente da Xunta a unha visita oficial á Deputación de Lugo, á que nunca veu, e solicita por 8ª vez unha reunión unilateral con Feijóo para abordar asuntos individuais de Lugo e os recortes en Servizos Sociais, exactamente igual que o Presidente galego tratou cos restantes titulares provinciais
– Aprobado o requirimento sobre o Decreto 99/2011 porque “fronte ó método da imposición, da tixeira e da mentira, reivindicamos o do consenso e o respecto entre administracións”
O Goberno Provincial incrementa en 1.075.000 euros o gasto social na provincia “ante os drásticos recortes dos Gobernos Central e Galego do Partido Popular”. Os voceiros provinciais, Manuel Martínez e Mario Outeiro, salientaron que “mentres a Xunta de Galicia fai escapismo das súas competencias, a Deputación de Lugo vese na obriga de reducir o investimento en obra pública para adicalo a políticas sociais. Somos unha administración seria e responsable, que non elude responsabilidades, senón que busca o consenso”. Por este motivo, o voceiro socialista adiantou que o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, invitou onte ó Presidente da Xunta a unha visita oficial á Deputación, xa que nunca veu no seu mandato. Gómez Besteiro tamén propuxo onte, por oitava vez en tres anos pero sen resposta favorable, unha reunión unilateral ó Presidente da Xunta para abordar asuntos singulares da provincia e os recortes nos Servizos Sociais, exactamente igual que Alberto Núñez Feijóo tratou cos demais mandatarios provinciais das outras Deputacións galegas. A Deputación reclama o mesmo trato para Lugo, sen discriminación algunha.
En mostra desta “búsqueda de diálogo”, Martínez destacou que Feijóo xa invitou bilateralmente ós titulares das restantes Deputación gobernadas polo Partido Popular cos que abordou os recortes en Servizos Sociais e cos que se comprometeu con novos financiamentos para as súas provincias. “¿Qué pasa con Lugo… nin respostou favorablemente ás peticións de reunión nin un euro?”, remarcou.
O novo orzamento para servizos sociais que aumenta a institución luguesa procede do presuposto previsto para a construción dun pavillón de deportes no Concello de Portomarín. A este respecto, o voceiro provincial do BNG, Mario Outeiro, indicou que “temos que paralizar esta iniciativa, non menos importante, pero non tan urxente como as accións en materia de Benestar Social, a prioridade deste Goberno Provincial”. A Deputación definirá no Pleno de maio a que políticas sociais concretas adicará este orzamento, acordado pola Xunta de Goberno deste venres.
“Compartimos fins pero non formas”
Na sesión, tamén se aprobou o requirimento ó Executivo autonómico para a derogación do decreto 99/2012 sobre o financiamento dos Servizos Sociais en Galicia debido as infraccións legais que presenta tanto na forma como no contido. Martínez aclarou que “podemos compartir fins pero non formas. Nós queremos ante todo garantir as prestacións sociais ós nosos veciños. Queremos colaborar pero dende o consenso, mediante convenios ou encomendas de xestión, sempre e cando se teña en conta o custe efectivo do servizo, é dicir, coas correspondentes transferencias económicas. Rajoy e Feijóo empregan o mesmo método: o da imposición, a tixeira e o engano. Feijóo desfíxose mediante un Decretazo de financiar as Axudas no Fogar para personas non recoñecidas como dependentes nos Concellos de menos de 20.000 habitantes e impuxo ás Deputacións asumir estas prestacións para camuflar os seus recortes, enganando ós veciños. Como non estamos de acordo co método da imposición, da tixeira e do engano, senón que reivindicamos o consenso e o respecto entre administracións, aprobamos este requirimento sen acudir á vía do contencioso como podiamos ter feito”.
Rede de residencias
Sobre este asunto, Martínez avanzou que a Deputación segue a traballar en solitario na rede de residencias públicas da Deputación, logo de que o Goberno galego non considerase, textualmente, “prioritarias nin necesarias” estas instalacións en Lugo malia ser a provincia galega máis envellecida e con menos prazas públicas residenciais. Estas valoracións supuxeron que a Xunta se negase a concertar prazas nas residencias públicas da Deputación que si concede a centros privados. O voceiro adiantou que a institución luguesa xa enviou os proxectos das residencias con centros de día de Trabada, Castroverde, Pol, Pedrafita e Ribas do Sil á Xunta que, segundo a Lei de Servizos Sociais, debe dar o permiso necesario para poder iniciar as obras. Ademais, xa conta co visto e prace autonómico para comezar cos traballos do complexo da Fonsagrada. “Se tivesemos a colaboración da Xunta, as nosas residencias poderían resolverse con máis axilidade”, remarcou.
Residencia Monterroso
Precisamente e tal e como avanzou onte o Presidente da Deputación, a Xunta de Goberno tamén aprobou conceder unha subvención excepciónal ó Concello de Monterroso de 75.000 euros para a adquisición do mobiliario da residencia de maiores deste municipio. É a única actuación que quedaba pendente para a posta en marcha desta instalación, que se atopaba bloqueada logo de que a Xunta de Galicia, administración con competencias directas en Benestar Social, se negase a conceder fondos. “O Goberno galego non quixo participar de ningún xeito neste proxecto, nin financiando parte da súa construción, nin equipándoo, nin concedendo prazas concertadas”, destacou Martínez. De feito, a residencia foi construída con 442.000 euros que recibiu o Concello de Monterroso mediante o Plan E do Goberno Central anterior e unha achega da Deputación de Lugo doutros 120.000 euros, que se suman a estos 75.000 euros, facendo un total de 195.000 euros. Esta suma de esforzos permitirá que Monterroso, un municipio onde o 30% dos seus habitantes supera os 65 anos, teña lista esta instalación en outubro. A súa posta en marcha suporá a creación de 14 empregos e 26 prazas residenciais.
Outros acordos
A sesión tamén acordou a renuncia dunha subvención do Plan de Comunidades Veciñales no Concello de Ribadeo por valor de 7.200 euros. O colectivo beneficiado, a comunidade de montes “Os Chaos de Piñeira”, non logrou os permisos necesarios para restaurar o retablo lateral dereito da igrexa da parroquia de Piñeira, que debía concederlle o Bispado de Mondoñedo-Ferrol. Por este motivo, ante a imposiblidade de realizar estes traballos, dotados dun total de 9.600 euros, os veciños víronse na obriga de rexeitar a axuda económica da Deputación de Lugo.






















Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



