DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DA DEPUTACIÓN PARA INSTAR Á XUNTA DE GALICIA A QUE MANTEÑA NO MAPA DE DISTRIBUCIÓN DE PARTIDOS XUDICIAIS NA PROVINCIA DE LUGO OS CRITERIOS DE DISTRIBUCIÓN DE POBOACIÓN E NECESIDADE DE PROXIMIDADE E ANULE O INCREMENTO DAS TAXAS
As modificacións que se están preparando no Goberno e no Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) da Lei de Demarcación e Planta Xudicial farán que varias comarcas da provincia perdan as súas sedes xudiciais. Precisamente, o informe aprobado polo CXPX nunha sesión extraordinaria plantexa reducir á metade os 431 partidos xudiciais que hai en España.
Pero estes cambios non afectarán do mesmo xeito a todas as Comunidades. Galicia será a autonomía máis perxudicada coa redución de 45 a só 13 o número de demarcacións xudiciais. Este descenso, do 71% é o máis importante no conxunto das 17 Comunidades. Ningunha autonomía perderá tantos partidos como a galega. Tal e como se reflicte no seguinte mapa, a nova distribución implicaría que A Coruña pasaría de ter 14 partidos xudiciais a tan só 4; mentres que Lugo e Ourense baixarían de 9 a 2, e Pontevedra vería diminuídos os 13 partidos actuais a 5. Deste xeito, na provincia lucense, Mondoñedo, Vilalba e Viveiro formarían un só partido xudicial; e o segundo integraríano Lugo, A Fonsagrada, Becerreá, Sarria, Chantada e Monforte.
Ademais, o novo mapa xudicial irá acompañado tamén dunha importante modificación nos rexistros civís. Galicia conta na actualidade con 315, un en cada municipio, pero nun fututro no moi lonxano esta cifra reducirase a menos dunha decena, tal e como manifestou o Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda. Desta cifra dedúcese que os rexistros pasarán a estar situados nas urbes galegas e nalgunha cabeceira de comarca alexada das grandes cidades, como podería ser o norte de Lugo ou a zona oriental de Ourense.
Por tanto, o proxecto terá consecuencias irreversibles e supón unha verdadeira involución da Xustiza que reduce o número de partidos xudiciais mesmo a niveis inferiores ós que existían no momento de aprobarse a vixente lei de demarcación de Planta Xudicial de 1987. Por este motivo, diversos Concellos da provincia xa rexeitaron rotundamente a proposta propiciada polo Goberno Central. Precisamente, a FEGAMP tamén pide á Xunta que participe na reforma da Planta Xudicial, para evitar a redución dos partidos xudiciais.
Para reducir gastos, o informe propón eliminar cabeceiras xudiciais e aglutinalas con outras ata que cada unha das resultantes sumen alomenos 100.000 habitantes, a fin de que o desprazamento dende os núcleos á cabeceira non exceda unha hora. Profesionais do mundo xurídico manifestaron publicamente que a reforma non supón un aforro real de custes, xa que calquera cidadán verase na obriga de desprazarse a Lugo para presentar unha demanda, o que xerará uns gastos de desprazamento que ata o de agora non existen, polo tanto o gasto trasládase ó cidadán. Así mesmo, o criterio de que cada partido xudicial teña alomenos 100.000 habitantes conduce a solucións pouco eficaces. Tal é así que o propio mapa da proposta do CXPX contradí esta norma porque se sumamos os partidos xudiciais de Chantada, Monforte e Sarria xa sobrepasaríamos dita cifra.
Por outra banda, a idea que se manexa é que haxa un mínimo de oito xuíces por cada xulgado. Isto tampouco se cumpriría no caso de Lugo, nin sequera sumando os de Vilalba, Mondoñedo e Viveiro, que en total son 6.
En Galicia, e máis concretamente en Lugo, as distancias non se poden simplificar a cuantificarse en quilómetros, xa que criterios singulares da provincia como os demográficos, de dispersión poboacional, socioeconómicos… fan que a supresión destes partidos xudiciais, e polo tanto de xulgados, sexa un grave erro político que repercutirá moi negativamente na cidadanía.
O emprego sería outro dos afectados, pois pecharían despachos de avogados e de servizos xurídicos, ou asesorías, de tal xeito que a súa existencia quedaría reducida ás localidades onde quedan os xulgados. Con esta postura do Partido Popular e do CXPX pérdese o sentido da xustiza como un dereito e como un servizo público e ráchase co principio xudicial de tutela xudicial efectiva recollido na Constitución. Achegar a xustiza ós cidadáns é un deber. Por tanto, se se alonxan os xulgados, alónxase a xustiza.
Coa nova redistribución, o PP establece un sistema real de acceso á xustiza só para persoas con capacidade económica alta, privando a aqueles que non dispoñan dunha situación desafogada da interposición de reclamacións xudiciais en defensa dos seus dereitos ou intereses, pois o reparto inclúe, ademais, un incremento nas taxas polo servizo prestado cun claro fin recadatorio. Por exemplo, reclamar unha neglixencia médica suporá un desembolso de 350 euros; nos procedementos laborais, un traballador/a que queira recurrir unha sentenza por despido o prezo ascenderá a 500 euros; nos contencioso-administrativos como recurrir unha multa de tráfico, a cantidade a desembolsar será de 200 euros, ou nos procedementos civís ordinarios, como é a reclamación dunha débeda superiror a 6.000 euros, haberá que aboar 300 euros. Isto evidencia que a xustiza non só pasará a ser máis lenta, senón tamén moito máis cara.
Por todo isto, a Xunta de Goberno da Deputación aproba instar á Xunta de Galicia a que manteña no mapa de partidos xudiciais que pretende reformar o Goberno Central os criterios de distribución poboacional e de necesidade de proximidade, así como a anulación do incremento das taxas previstas pola reforma. O Executivo Galego non pode continuar calado, pois esta modificación non se pode facer sen contar coas Comunidades Autonómas.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



