A DIRECTORA DA MOSTRA DO ENCAIXE DE CAMARIÑAS PRONUNCIARÁ UNHA CONFERENCIA EN BURELA O VINDEIRO MÉRCORES. O ACTO ESTÁ ENMARCADO NO PROGRAMA DO VI ENCONTRO DE PALILLEIRAS.
Burela, 7 de maio de 2012. A directora da Mostra do Encaixe de Camariñas, Mª Dolores Lema Mouzo, pronunciará unha conferencia en Burela o vindeiro mércores, 9 de maio. Será uns días antes da celebración do VI Encontro de Palilleiras que terá lugar na nave de redes o 12 de maio.
Mª Dolores Lema Mouzo falará sobre As orixes do encaixe de Camariñas e a súa comercialización: unha actividade á beira do mar. A charla será ás 19 horas no salón de conferencias da antiga biblioteca. Lema Mouzo é licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais, é directora da Mostra do Encaixe de Camariñas e coordinadora das participacións do Encaixe de Camariñas nas feiras e mostras nacionais e internacionais. Mª Dolores Mouzo acudirá a Burela acompañada pola concelleira de Encaixe e Turismo de Camariñas, Sandra Insúa Rial.
O VI Encontro de Palilleiras está organizado pola asociación cultural e artesanal de mulleres palilleiras As Encaixeiras de Burela e pola Fundación Expomar e celebraráse o vindeiro sábado, 12 de maio. O programa dará comezo ás 10:30 da mañá coa recepción ás participantes, desde esa hora e ata as 13:30 do mediodía terá lugar a demostración de traballos, para ás 11 está prevista a inauguración coas autoridades, ás 12 haberá unha degustación de empanada de merluza e ás 14 horas comida de confraternidade das participantes en distintos restaurantes de Burela. Xa pola tarde ás 16 horas haberá un desfile de complementos elaborados polas palilleiras e ás 19 horas sorteo de regalos. A xornada inclúe, segundo a organización, visitas das palilleiras ao Monte Castelo, a Vila do Medio e ao barco museo Reina de Carmen.























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



