FRUGA MANIFESTA A SUA REPULSA POLO VETO QUE SUFRIRON ALGUNHAS DAS SUAS CANDIDATURAS NAS ELECCIÓNS AOS CONSELLOS REGUALDORES DENOMINACIÓN DE CALIDADE DO SECTOR AGROALIMENTAR.
A Federación Rural Galega – FRUGA presenta hoxe escritos de protesta perante a Consellería do Medio Rural e do Mar e da Xunta Electoral pola discriminación á que se ven sometidas a súas candidaturas.
Santiago de Compostela, 21 de maio de 2012. O pasado dia 28 de febreiro, a Consellería do Medio Rural e do Mar, publicou a Orde pola que se convocan eleccións para a renovación dos órganos de goberno de determinados Consellos Reguladores do ámbito agroalimentar.
A Federación Rural Galega – FRUGA, como federación na que se inclúen distintas asociacións profesionais dos diversos subsectores da actividade agraria e como organización que ten entre os seus fins a defensa dos sectores produtivos agrarios da Galiza, presentou en tempo e forma, as súas candidaturas aos consellos reguladores mais representativos do País.
O dia 15, deste mes, celebrouse a reunión da Xunta Electoral para proceder á proclamación definitiva das distintas candidaturas presentadas a este proceso electoral. A decisión adoptada foi a de vetar as candidaturas presentadas por FRUGA nos consellos reguladores de “Tenreira Galega”, Pataca de Galiza, Agricultura Ecolóxica.
Deste xeito pódese chegar a privar que mais de 7000 titulares de explotacións podan participar no proceso electoral que se inicia hoxe dia 22.
Co fin de manifestar a nosa repulsa pola a decisión adoptada na Xunta Electoral, FRUGA convoca unha concentración, maña dia 22, na que estarán presentes candidatos e candidatas das distintas listas electorais vetadas, co fin de presentar escritos de protesta perante da Consellería do Medio Rural e do Mar e da Xunta Electoral pola discriminación á que se ven sometidas as súas candidaturas.
Dia da concentración: 22 de maio (terza feira ou martes)
Hora: 12h30 da maña.
Lugar: Perante da entrada do edificio administrativo de San Caetano pola Praza Camilo Díaz Baliño.























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



