O Hotel Restaurante Voar acolleu onte a comida anual da pena Manfra de Ribadeo, que cumpriu 43 anos. O colectivo está formado por preto dunha vintena de membros, que durante algún tempo estiveron vinculados a Ribadeo. Agora moitos deles seguen residindo no municipio, pero outros desprazáronse para gozar desta cita desde Burela, Lourenzá, Foz ou Barreiros. A pena Manfra degustou un exquisito menú elaborado polo afamado cociñeiro Manuel López Valencia.
