NON OS RECORTES NO ENSINO PÚBLICO
PLATAFORMA GALEGA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO
Mañá éstá convocada pola Plataforma galega en defensa do ensino público unha Concentración en Foz, ás 19:30 horas na Praza de Galiza (diante do Ceip Nº1).
A recen creada PLATAFORMA GALEGA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO formada por sindicatos, anpas, partidos políticos, asociacións de renovación pedagóxica e organizacións estudantís ten como obxectivo paralizar as medidas de recortes e perda de dereitos que se están tomando en materia de educación polos gobernos da Xunta e do Estado.
O ensino público é un dereito que non podemos perder e cos continuos ataques que está a sufrir este como outros servizos público pretendenrestrinxilo a uns poucos e restarlle calidade educativa (ataques como a suba das taxas, a eliminación de ciclos e profesorado, o aumento das ratios, a non cobertura das baixas, etc, etc..).
Convidamos a toda a comunidade educativa e sociedade da Mariña en xeral a participar e apoiar esta manifestación pública en defensa dun ensino público e de calidade.
Para máis información ver a páxina da Plataforma: http://plataformagalegadefensaensinopublico.blogspot.com.es/