A Rapadoira oral
Contábamos no noso relatorio da pasada semana cómo hai medio século, e durante algúns anos, vivíu Foz a que acaso foi a época mais dinámica do século XX, en orde a actividade cultural e social. O motor dela fora a S. T. C. Peña da Rapadoira que un feixe de persoas, en xuntanza celebrada o 1º de maio de 1958, aprobaron uns estatutos e elixiron a comisión encargada de tramitar a legalización, que a formaban: ,Jaime Beltrán, Vicente Fdez. Muñiz, Pancho Martínez, Pedro del Riego, Eladio Díaz, Ramón López Beltrán, Eliseo López, César Fraga e Francisco Martínez. Os fins da mesma era a potenciación e desenvolvemento de actividades culturais e sociais, así como a promoción turística da vila. Con tal fin alquilouse, para local social, a chamada La Sociedad (mil pesetas mensuais de renta), que era o salón propiedade de Jesús Cageao, “Papaíto”, mesmo a carón do actual Banco de Santander, no primeiro andar, ó que se accedía por unhas singulares escaleiras de caracol; as paredes decoradas con escenas da Carrapuchiña e os 7 ananiños, obra do pintor mindoniense Alonso, que deixara tamén a pegada da súa arte no café Capitolio e no Cotarelo. Contaba con bar e unha fermosa terraza ó mar. Das moitas iniciativas da Peña, foi acaso a “xoia da coroa” a revista A Rapadoira, da que temos falado, que se ofrecía en dúas versións, alternando os números: escrita e oral; Esta última, sobre todo, unha modalidade, pode decirse, entón inexistente. Entre vellos papeis gardamos unha foto na que aparece a mesa de redacción dun dos números; Pepe Beltrán, Luis Cordeiro, Toimil, Martín Jaureguizar, este cronista e, ó micrófono, Cesarín e Euxenio Hermida, entrevistando ó doutor don Xosé Candia. Martín, que era persoa de inxeño e de fondo e sarcástico sentido do humor, que naquela ocasión facía a páxina de Deportes, presentara á consideración dos asistentes que, coma sempre, enchían o local, un proxecto insólito: un campo de fútbol redondo, para o que él mesmo redactara a forma de uso e o regulamento. A xenialidade foi, por moito tempo, tema de conversa e debate en tabernas e cenáculos …
Suso Fernández



















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



