“A Área de Cultura do Concello de Viveiro, presentou unha ordenanza de usos do idioma galego na Administración Local do Concello de Viveiro”
Viveiro, 17 de maio de 2012.
Olaia Casas, Concelleira de Cultura, Turismo e Mocidade, e Bernardo Fraga, Tenente de Alcalde, presentaron no día de hoxe, 17 de maio, Día das Letras Galegas, a ordenanza de usos do idioma galego na Administración Local do Concello de Viveiro. A proposta de moción será levada ao Pleno da Corporación Municipal de Viveiro para o seu debate e aprobación.
Bernardo Fraga, destacou que “será importante, e buscaremos, o consenso de todos os grupos políticos da corporación á hora de aprobar a ordenanza de usos do idioma galego, xa que a lingua de todos non debe ser un arma de debate político”. Engadiu ademais que “nun día coma hoxe, onde se honra cada ano a persoas que escribiron, falaron e pensaron en galego, é un día simbólico para presentar esta ordenanza no noso Concello xa que lle dará un impulso ao emprego do noso idioma na administración máis próxima ás veciñas e veciños”
Olaia Casas, pola súa parte, destacou que esta ordenanza “fará oficial o idioma galego no Concello de Viveiro, incrementará e normalizará a presenza do galego na administración local e nas súas comunicacións internas e externas”. Ademais destacou que “na situación do galego, con perda continuada de falantes, e usuarios, a nosa lingua precisa de compromisos claros das administracións públicas, a súa aprobación será un exemplo de responsabilidade dos membros da corporación co noso idioma”
O Concello de Viveiro, terá a través desta ordenanza, unha ferramenta para desenvolver a Lei de Normalización Lingüística de Galiza, Olaia Casas indicou que “con esta ordenanza, Viveiro, amplía o seu grao de acción e preséntase como impulsor do incremento da presenza do galego na sociedade viveirense”






















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



