O CONSELLO DA XUNTA APROBA O CAMBIO DE TITULARIDADE DUN TREITO DA ESTRADA LU-161 A PROL DO CONCELLO DO VALADOURO, XA QUE O TRAMO ADQUIRIU AS CARACTERÍSTICAS DE URBANO
§ A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas toma esta decisión porque o treito discorre integramente polo núcleo urbano, conformando unha rúa con beirarrúas en todo o seu percorrido
§ A entrega completarase no prazo dos dous meses seguintes á publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia
§ A partir da formalización da entrega todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación da vía corresponden á administración municipal
O Consello da Xunta aprobou na súa reunión de hoxe o cambio de titularidade dun treito da estrada autonómica LU-161 a prol do Concello do Valadouro. O cambio de titularidade fundaméntase en que o tramo, desde o punto quilométrico 22 ata o 23, adquiriu as características de urbano, xa que discorre integramente polo núcleo urbano, conformando unha rúa con beirarrúas en todo o seu percorrido así como edificacións e servizos urbanos.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, estudou e considerou adecuado o cambio de titularidade desde a intersección coa avenida Deputación ata a intersección coa Rúa Rosalía de Castro -que abrangue uns 700 metros- de acordo co informe emitido polos servizos técnicos competentes.
O expediente tramitouse ao abeiro dos artigos 5 e 54 da vixente Lei de estradas do 14 de setembro de 1994, que establece que os cambios de titularidade das estradas se aprobarán por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas, e que as estradas autonómicas ou provinciais ou os treitos determinados delas en que a circulación adquira características urbanas se entregarán aos concellos respectivos.
Así pois, o Concello do Valadouro deberá incorporar ao seu plan de estradas os treitos a que se refire este decreto, cuxa entrega se completará no prazo dos dous meses seguintes á publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia.
Correspóndelle ao concello, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación da vía, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova administración titular da estrada.























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



