ASPAPEL e Xunta planexan fumigar sobre espazos protexidos, ríos e vilas.
Pontevedra4 de maio de 2012. ADEGA vén de coñecer as zonas propostas por ASPAPEL para desenvolver as fumigacións dos eucaliptais co tóxico Flufenoxuron nas provincias da Coruña (40 localizacións), Pontevedra (28 sitios) e Lugo (1 área). Na documentación cartográfica, elaborada pola empresa Fitoaragón S.L., indícanse 69 áreas de 8 km de diámetro cada unha, denominadas “zonas de tratamento químico”. Nelas localízanse as masas de eucaliptos máis densas e con maior afectación do gorgullo, mais tamén inclúen lugares habitados, cursos fluviais e mesmo espazos da Rede Natura 2000. Dada a toxicidade do principio activo e a enorme dispersión dos métodos aéreos, persoas, animais e mesmo biodiversidade ameazada estarán expostas ao veleno. ADEGA advirte á Xunta de que podería estar sendo cómplice, de seguir “avalando” estas prácticas, dun delicto contra a saúde das persoas e o medio ambiente.
Fumigacions-CorunhaUn importante número das áreas nas que están proxectadas as fumigacións inclúen territorio da Rede Natura 2000 no que están presentes, entre outras, especies protexidas de insectos a cuxa conservación obriga a Directiva 92/43 CEE e que tamén se verán afectados polo tóxico. Por exemplo, a bolboreta Euphydryas aurinia e o escarabello Lucanus cervus (vacaloura) están consideradas de interese comunitario e figuran no Anexo II da Directiva de Hábitats.
A maiores, as poboacións do lepidóptero Zerynthia rumina, considerada en perigo de extinción e do coleóptero Cerambyx cerdo (capricornio das aciñeiras, o escarabello máis grande de Galiza), vulnerábel, poderían sufrir os efectos das fumigacións. E alén dos insectos protexidos, tamén as aves insectívoras e os morcegos, entre outros, acusarían os efectos do veleno. Atendendo á Lei 42/2007 do Patrimonio Natural e da Biodiversidade e á Lei 9/2001 de Conservación da Natureza calquera dano a estas especies podería ser constitutivo dunha falta moi grave e mesmo dun delicto penal, coa agravante de ser a propia administración quen o cometería.
Tivo en conta a Xunta a presenza destas especies protexidas, ameazadas e en perigo de extinción nas parcelas fumigadas, incluidas ou próximas a espazos protexidos? Considerou a Xunta os riscos das fumigacións sobre a saúde das persoas e a calidade dos recursos hídricos, dada a presenza nas “zonas de tratamento” de núcleos de poboación e cursos fluviais? Cal é a opinión da D. X. de Conservación da Natureza, da D. X. de Saúde Pública e de Augas de Galiza polo que atinxe ao envelenamento da auga?
A escandalosa submisión ao lobby do eucalipto que amosou a administración galega, corroborada por unha política forestal hiperpermisiva coas pasteiras e os seus intereses (Lei de Montes, Orde dos cultivos enerxéticos), non pode xustificar o envelenamento deliberado das persoas e o medio ambiente.
Remitido























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



