FUENTE PARGA RECOLLERÁ MAÑÁ EN SANTIAGO A ACREDITACIÓN DE ADHESIÓN DO CONCELLO DE BARREIROS Á DECLARACIÓN GALICIA SAUDABLE.
Barreiros, 14 de maio de 2012. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, asistirá mañá en Santiago ao acto de firma da Declaración Galicia Saudable. Será a partires das 10:30 horas no edificio de servizos centrais da Cidade da Cultura.
Fuente Parga recollerá minutos antes a acreditación oficial de adhesión do Concello de Barreiros á referida declaración. No acto de maña participarán o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa.
A Declaración Galicia Saudable pretende crear as condicións necesarias para que a poboación goce dunha vida máis activa, que permita conservar a saúde e a autonomía persoal, gozar de maior benestar e calidade de vida e previr e reducir a presenza de enfermidades relacionadas co sedentarismo, desde a infancia ata a vellez. Deste plan forman parte 221 Concellos, 3 Deputacións, a Fegamp, as 3 Universidades, medios de comunicación, empresas…