A Marcha contra o Cancro recauda uns 1.600 euros en Ribadeo
Ata o sol participou na Marcha contra o Cancro celebrado onte, domingo, en Ribadeo. Xente moza e non tan moza uniu as súas forzas e entre todos lograron recaudar 1.600 euros para a investigación contra esta enfermidade. Ata houbo nenos en sillas de rodas que participaron no percorrido, que foi amenizado por gaiteiros, música de teclado e por unha charla sobre a restauración dos muíños de auga na Ruta das Aceas.
Unhas 200 persoas participaron nesta terceira edición da iniciativa organizada pola delegación ribadense da Asociación Española de Lucha contra el Cáncer. Hannah Doyle, unha de organizadoras, quixo transmitir o seu agradecemento a todos os participantes que lograron que a iniciativa fora un éxito.
A marcha saiu sobre as doce do mediodía da Oficina de Turismo de Ribadeo e durante aproximadamente unha hora e media (algúns máis, outros menos) os participantes percorreron a nova e fermosa Ruta das Aceas que transcorre pola ribeira da ría. Ao final todas e todos poideron repoñer forzas cos pinchos preparados polos membros da asociación que se serviron de novo na Oficina de Turismo.