Unha vez confirmado o horario oficial do encontro a xogar en Soria o vindeiro sábado día 12 de Maio ás 18hs no estadio dos Pajaritos, o prazo para anotarse á viaxe ampliouse até o mércores 9 de maio. Quedan 8 prazas para completar as reservas, así que animarse que pode ser un gran día. Así que animamos a tod@s os siareiros deportivistas da Mariña a viaxar con nós. Para calquera dúbida ou anotarse 669 381 643
-Socios da peña: 100€
-Non socios: 120€
O prezo inclúe:
-Desplazamento
-Aloxamento
-Entrada para o partido
-Xantar do sábado e domingo