ACTIVIDADES COMERCIAIS MODELO BURELA” PARA CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
A Casa Miranda acolleu a presentación dos convenios con diferentes casas comerciais
Ás 12: 00 horas do día 17 de maio, Día das Letras Galegas, na Casa Miranda do porto de Burela procedeuse ao acto de sinatura de convenios con empresas e comercios locais que asumen como propios os criterios de atención e comunicación Modelo Burela. En representación da área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro tomou a palabra a profesora María Xosé Andión Fontela, que explicou o contido dos convenios a asinar entre o centro educativo e os representantes de varias casas comerciais da localidade.
Por parte dos comerciantes compareceron Estéfano Gudín, ceramista orixinario de Arancedo (El Franco) con obradoiro aberto no centro de Cervo; Xabier Sánchez Lorenzo, de Imaxedixital3000, un dos impulsores da iniciativa e responsable da imaxe corporativa das actividades comerciais “Modelo Burela”; José Miranda, recoñecido deseñador que combina esta súa actividade profesional coa dedicación ao sector da restauración gastronómica; e Pablo Fernández, con comercio do sector téxtil -Xemelgos Skate Schop- no centro Porto Praza.
Pola súa parte, a vice-directora do Instituto Perdouro manifestou a satifación da comunidade educativa pola acollida que o Modelo Burela está tendo entre as casas comerciais. Karina Parga mostroulle aos presentes a disposición do centro de ensino para colaborar no reforzo do comercio e a empresa da localidade. Ao mesmo tempo, suxeriulles unha actualización da súa comunicación dixital seguindo o exemplo do grupo musical Alma Latina, entidade pioneira na difusión do novo modelo de comunicación: http://grupoalmalatina.com/index.php?option=com_content&view=article&id=56