Independientes de Viveiro
O Concelleiro abaixo firmante, Guillermo Leal Arias, portavoz do GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO INDEPENDIENTES DE VIVEIRO (iVi), no Concello de Viveiro,
EXPÓN:
Que ao amparo do disposto no art. 35 da LEI DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN; no art. 77 da LEI REGULADORA DE BASES DE RÉXIME LOCAL, LEI 7/1985 de 2 de abril; no texto refundido das disposicións legais vigentes en materia de réxime local aprobado por R.D. 781 7 86, de 18 de abril e dos atrs. 14, 15 e 16 do reglamento de organización, funcionamento e réxime xurídico da entidades locais, aprobado por R.D. 2568/86, de 28 de novembro e demais normativa legal procedente e que resulte aplicable, realiza as seguintes:
PREGUNTAS
1.- A explanada frente os Castelos de Covas ( donde se ubican as festas), foi pavimentada xa hai algun tempo e quedou pendiente o alumeado, e dado que xa estamos a piques de celebrar as festas do San Xoan, ¿Cando esta previsto rematar as obras?
2.- Está a piques de rematar a obra do aumento da ponte de Feve, ¿está previsto poñer en marcha o tan esperado plan de reordenación do trafico, prometido en varias ocasións, e que creemos que é moi necesario, para evitar os grandes atascos como os que sucederon nos pasados días?
3.- Na rúa Rego das Frores e depois de rematar as obras do edificio construido frente o tanatorio, quedou un poste de formigón no medio e medio de dita calle, Solicitamos que a maior brevidade posible ordenen a sú retirada polo gran perigro que pode acarrear. Dado que e unha rúa de saida e entrada para a desconxestión do trafico en moitas ocasións ¿está previsto arranxar dita calle, dado que a mesma esta chea de remendos no seu pavimento?
4.- A posta en funcionamento dos contendores soterrados, tanto na praza de J. Donapetry como na rúa Nicolás Cora (instalados caseque hai un ano), estaban a espera da chegada do vehiculo especial o efecto. Como xa creemos que rematou o prazo comprometido para a entrega do mesmo por parte do concesionario o Concello, ¿cando se vai recibir?, e ¿cal foi o motivo para dito retraso?
5.- No pleno celebrado o 27 de Setembro de 2010, por parte deste portavoz presentábase unha moción relativa á modificación na circulación do tráfico na rúa Lavandeiras, en Celeiro.
Na mesma propoñíase estudiar o cambio na dirección prohibida nesa zona. Poñer a dirección prohibida dende a intersección da rúa Arribada coa rúa Lavandeiras (fronte o antigo Bar Cillero-O Monchito), en dirección á rúa da Praia. E o resto das dirección deixa-las como están ata agora.” Dita moción foi aprobada por unanimidade coa emenda realizada pola Alcaldía na parte dispositiva que dí: que se someterá a estudo esta proposta con asistencia dos técnicos, da policía e os representantes dos partidos. ¿Foi feito algun estudio ?.
6.- No mes de Maio de 2010, saía nos medios de comunicación o titular “Costas retomará la recuperación de las villas tardorromana y medieval de Estabañón.- O proxecto completo, cun coste cifrado en 3,2 millones de euros, incluía a recuperación de restos das duos villas, que ocuparían unha superficie duns 2.000 metros cuadrados. Prevíase construir un edificio que, en palabras do xefe provincial de Costas, Sr. Dolls, «no será un museo, sino que nacerá del aparcamiento y se irá metiendo en el yacimiento, explicando lo que se va viendo». A pesar do tempo transcurrido e que efectivamente se fixo algunha excavación, a zona está en total abandono. ¿Que foi daquel proxecto?, ¿Tivo o Concello algunha nova o respecto?………………………………………………………………………………….
ROGOS
1.- No pleno do dia 27 de Outubro, por parte deste grupo municcipal, preguntábamos o equipo de goberno a quen correspondía a reparación dos diferentes baches do paseo maritimo de Covas. facendo maior incidencia no paso de cebra elevado da interserción do vial que discurre entre o parque Pernas Peón e o campo de futbol de Cantarrana donde indicábamos había un socabon, que a esta data segue habendo. Na sua resposta, indicaba que correspondía como sempre o Concello. A pesar do tempo transcurrido ainda estan sen reparar. Por elo ROGAMOS o equipo de goberno que proceda a súa reparación inmediata dado o perigro que supon para a circulación.
2.- A zona da área da cima do monte Faro non conta con ningunha papeleira, e dado que estamos chegando a epoca estival donde aumentan as visitas a esa zona e polo que ROGAMOS a Concellería que corresponda a colación de ditas papeleiras.
3.- No solar que se atopa entre as rúas Rego das Frores e Avda. Benito Galcerán, existen varios vehículos abandonados dende ahi tempo, asi como abundante maleza, que entendemos dan unha mala imaxe a entrada do pobo. Por elo ROGAMOS o equipo de goberno que tome as medidas oportunas para a solución deste feito.
4.- No pleno do 30 de Xaneiro deste ano desde este grupo municipal preguntábamos polo motivo porque estivese pechada ao público a oficina de turismo na segunda quincena de Decembro, contestando o Sr. Alcalde que foi unha situación difícil porque aínda que todos din que sobra persoal, nesas datas o persoal de turismo colleu as vacacións que lles quedaban e foi polo que a oficina estivo pechada, apuntando que isto non debe volver a suceder. Pois volveu a suceder, esta vez pola baixa da persoa que está o frente da mesma. Por elo ROGAMOS o equipo de goberno que tome as medidas oportunas para suplir a falla de persoal nun servicio que creemos que é moi importante e fundamental para a atención dos que visitan a nosa cidade.



















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



