A Asociación de Consumo Ecolóxico Karrikanta maila Asociación Cultural Airiños do Xunco continúan impulsando neste segundo mercado, unha iniciativa conxunta ligada ás tradicións locais, defensa dos pequenos produtores e a agricultura da comarca. Trátase do Mercado do Souto, de carácter quincenal e ó que acudirán produtores e artesáns procedentes na súa gran maioría dos concellos máis próximos. Como actividades complementarias desta nova cita, teremos unha demostración de fieltrados de lá a cargo de Ovellaviva, música tradicional e xogos populares
Mercado do Souto, produtos de proximidade, o 27 de maio en Cervo, de 10.00 a 14.00 horas