MELLORAS NO PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL
O Concello de Xove aprobou o pasado mes de xaneiro unhas novas bases reguladoras do seu Plan de Emprego Municipal que introducen melloras para resultar máis atractivo ás entidades privadas que efectúen contratación de persoal.
Para dar a coñecer as características deste plan e o seu funcionamento, o Alcalde José Demetrio Salgueiro Rapa convoca ás empresas e xestorías da zona a unha reunión informativa que terá lugar o próximo mércores 23 de maio ás 20:00 h. no Salón de Actos do Centro Cívico.
Por parte do Concello preténdese contar co maior número de persoas representantes de empresas e xestorías ou persoas en quen deleguen para informarse directamente deste plan que conta, entre outras, coas seguintes vantaxes:
– Xestiona unha bolsa de emprego.
– Regula unha subvención para a contratación de ata 6.300 euros por posto.
– Subvenciona a contratación indefinida e tamén a temporal.
– Establece unha total compatibilidade con calquera outra axuda de outras entidades.
– Dispón unha tramitación sinxela, rápida e doada que é desenvolvida integramente e de forma gratuíta polo persoal municipal responsable.
– Conta cun orzamento inicial de 60.000,00 € para este ano 2012
OS ESULTADOS DO PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL 2011 FORON OS SEGUINTES:
BENEFICIARIOS/AS DO PLAN DE EMPREGO 2011. CONTRATOS POR CONTA ALLEA | |||
MULLERES | HOMES | ||
INICIADOS | PRORROGADOS | INICIADOS | PRORROGADOS |
8 | 30 | 4 | 27 |
TOTAL: 38 | TOTAL: 31 | ||
TOTAL: 69 |
TIPOS DE CONTRATO SUBVENCIONADOS POLO PEM 2011 | |||
MULLERES | HOMES | ||
TEMPORAL | INDEFINIDO | TEMPORAL | INDEFINIDO |
14 | 24 | 9 | 22 |
TOTAL: 38 | TOTAL: 31 | ||
TOTAL: 87 |
AUTÓNOM@S BENEFICIARIOS PEM 2011 | |||
MULLERES | HOMES | ||
INICIADOS | PRORROGADOS | INICIADOS | PRORROGADOS |
0 | 8 | 1 | 0 |
TOTAL: 8 | TOTAL: 1 | ||
TOTAL: 9 |
EMPRESAS BENEFICIARIAS DO PEM 2011 | |
EMPRESAS DO CONCELLO DE XOVE | EMPRESAS DE FÓRA DO CONCELLO |
16 | 24 |
TOTAL: 40 |
Para unha maior información e inscricións: 982592001 – Rosa Lage- Axente de Emprego e Desenvolvemento Local