O BNG solicita da Xunta compromiso económico en materia de benestar coa Mariña.
Parga advirte de que 700 empregos corren risco na Mariña co novo modelo de financiamento do sistema de benestar.
A Mariña, 10 de Maio. Unha delegación da Executiva Comarcal do BNG, da que facía parte Manuel Parga, mantivo na xornada de hoxe unha xuntanza en Burela cos traballadores do Consorcio, das Unidades de Traballo Social dos Concellos e do Servizo de axuda no Fogar a fin analizar as repercusións que vai ter o modelo de financiamento do sistema de benestar recollido no Decreto 99/2012 de 16 de marzo que estabelece unha mudanza radical sobre todo no que ten a ver cos concellos de menos de 20.000 habitantes e que pon en risco o SAF básico para 1000 mariñaos e o emprego de preto de 700.
Manuel Parga destacou que non é a súa intención “entrar en polémicas coa Xunta de Galiza , agora ben, tampouco imos tolerar que desde o goberno autonómico se tente manipular a realidade e, sobre todo, que a Xunta de Galiza se desentenda da atención en materia de servizos sociais a todos os habitantes de concellos de menos de 20.000 habitantes A Xunta tennos que explicar que cambiou desde 2010, ano no que o goberno galego aportou para estes servizos máis de 1.100.000 euros, ate hoxe, no que a contía que achega é de cero euros, dado que o marco regulatorio, a Lei de Servizos Sociais de Galiza de 2008, é o mesmo. Tampouco son tolerables as opinións do Goberno galego cando afirma que o esforzo inversor do goberno galego supera en 13 puntos ao da administración provincial, xa que mentres a Deputación de Lugo aumenta o diñeiro destinado a gasto social en máis do 20%, a administración autonómica unicamente achega aos concellos de menos de 20.000 habitantes o diñeiro para o financiamento do traballador social e do SAF para dependentes, diñeiro que á súa vez aporta o goberno do Estado, reduce só neste concepto, 18 millóns de euros na provincia de Lugo. En definitiva, a Xunta de Galiza o que nos ten que explicar é a súa vontade, a vontade do goberno galego, de modificar o actual modelo de financiamento para que non queden sen axuda autonómica os 1000 lucenses que se benefician do SAF básico e non fique no aire o emprego das 500 persoas que traballan neste servizo. Tennos que aclarar tamén se vai permitir que fiquen sen financiamento autonómico as 504 prazas de escolas infantís de titularidade municipal, cos traballos a eles vinculados, que están no aire pola ausencia de financiamento autonómico e, por suposto, se vai haber achegas autonómicas para manter as unidades de traballo social existentes nos concellos que ocupan a día de hoxe a 168 persoas. Isto é, Xunta ten que clarificar se dá por bo a desaparición do modelo de Benestar na totalidade dos Concellos da Mariña , ou se pola contra se vai poñer do lado dos veciños e veciñas desta provincia para defender os seus intereses”.
“Xa que o PP tenta confundir o SAF básico co SAF para dependentes imos falar logo do SAF para dependentes” afirmou Parga , quen lembrou que o SAF para dependentes se financia coas achegas que realiza o goberno do Estado, unhas partidas que se reduciron nos orzamentos para este ano en 18 millóns de euros e que, a maiores, incrementa co decreto aprobado pola Xunta a aportación que teñen que facer os usuarios do mesmo, co que a Consellaría de Traballo e Benestar vai converter o SAF para Dependentes nun artigo de luxo e, por conseguinte, a exclusión de milleiros de galegos deste servizo. A Consellaría de Traballo e Benestar, no seu novo modelo de financiamento dos servizos sociais estabelece un novo réxime tarifario que significa un aumento para o usuario de máis do 200% do custe do servizo. Pénsese que até agora os usuarios pagaban o 25% do custe da prestación e agora xa desde as rendas básicas, de menos de 399 euros, este custe será do 74%, ou o custe do servizo para unha persoa cunha renda de 700 euros sería do 78%”.





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



