A OMIX DE RIBADEO ANIMA Á MOCIDADE DO CONCELLO AO USO DOS SEUS SERVIZOS.
Ribadeo, 10 de maio de 2012. O concelleiro de Mocidade, Xavier Campos, anima aos mozos e mozas de Ribadeo a consultar as vantaxas que ofrecen os bonos de transporte e o carné xove.
A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Ribadeo, situada agora no baixo da Casa da Xuventude, segue a ser o lugar ao que acudir para a tramitación dos bonos de transporte para estudantes e o carné xove.
Xavier Campos lembrou que “o Concello vén apostando desde o ano 2003 polas axudas aos estudantes para a cofinanciación das viaxes dos residentes en Lugo, A Coruña e Santiago de Compostela”. E subliñou que “poden solicitarse bonos de 10 ou 20 viaxes mediante unha solicitude individual e do pagamento da cantidade correspondente segundo sexa o destino. O Concello achega o 25% do total do custo das viaxes dos estudantes que soliciten os bonos de transporte”.
No 2011 foron 44 os bonos xestionados, e no que vai de 2012 foron 20.
O carné xove é un programa europeo para mozos e mozas entre 12 e 30 anos no que participan un total de 41 países e todas as comunidades do Estado, co obxectivo de favorecer o acceso a diferentes bens e servizos a través de descontos ou de calquera outra vantaxe, facilitando así unha maior mobilidade en todo o ámbito europeo. O edil de Mocidade subliñou que “este carné permite, polo tanto, aos seus titulares un acceso privilexiado a diferentes bens e servizos, que abranguen dende o ámbito cultural ao aloxamento, o transporte ou os comercios. O carné xove ten unha validez de dous anos dende a data da súa emisión ou ben ata a data en que o mozo ou moza titular cumpra a idade que o exclúa do colectivo ao que se dirixe esta tarxeta”. Para solicitalo é necesario cubrir o impreso correspondente, acreditando a identidade e pagar 6 euros de taxas.
No 2011 foron 33 os carnés tramitados, e neste 2012 van polo momento 17.
























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



