O CONCELLO ADHERIRASE Á REDE DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DA XUNTA DE GALICIA, QUE PRETENDE CONGREGAR ÁS INSTITUCIÓNS CON COMPETENCIA NA PROMOCIÓN DO USO DO GALEGO NO ÁMBITO LOCAL.
Burela, 16 de maio de 2012. O Concello de Burela adherirase á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia. Dita rede pretende congregar ás institucións con competencia na promoción do uso do galego no ámbito local.
Desde a Concellería de Educación, Mónica Pedre, lembra que “o noso Concello leva moitos anos empregando o galego en todas as comunicacións oficiais, nas ordes do día dos plenos, nos ditames das comisións informativas, nas actas, notificacións, recursos… Ademais o denominado Modelo Burela está a ser un exemplo na nosa comunidade autónoma, pero todo o que a maiores poidamos facer para apoiar o noso idioma benvido será”.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística pretende con esta Rede apoiar e colaborar coas entidades locais de Galicia para acadar unha mellora nos servizos que prestan, así como potenciar o uso do galego por parte destas entidades e nas súas relacións cos administrados. Pedre subliña que “os veciños e as veciñas de Burela son atendidos habitualmente en galego nas nosas dependencias municipais e así seguirá a ser, pero hai que lembrar que en Burela conviven moitas nacionalidades e que si algunha desas persoas non entende o noso idioma será igualmente atendida en castelán. O galego é un idioma fácil de entender e moitos dos inmigrantes que residen aquí xa o entenden perfectamente”.
Desde a Concellería de Educación e Cultura sinalan que “o Concello cumpre coa lei de normalización lingüística na súa actividade escrita e oral”.
O Concello váise adherir en breve a esta Rede de Normalización Lingüística. Para facelo ten que enviar á Xunta o Decreto da Alcaldía no que se establece o acordo de adhesión e comunicar a designación das persoas que actuarán como interlocutoras entre o propio Concello e a Secretaría Xeral de Política Lingüística desde o Consello de Membros e desde a Área Técnica. Os representantes políticos do Concello serán o alcalde de Burela, José María González Barcia, e a concelleira de Educación e Cultura, Mónica Pedre e os representantes técnicos serán Noelia Legaspi e Yolanda Otero. O equipo de goberno informará deste acordo á Consellería de Educación e Ordenación Unviersitaria e áo pleno da Corporación Municipal na vindeira sesión ordinaria que se celebre.
O Concello de Burela quixo adherirse á Rede de Normalización Lingüística coincidindo coa chegada do Día das Letras Galegas e render así homenaxe a esta celebración e ao galego.






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



