LETRAS GALEGAS 2012
A data escollida pola Academia para celebrar o Día das Letras Galegas conmemora a edición de “Cantares Gallegos” de Rosalía de Castro, o 17 de maio de 1863.
A Real Academia Gallega dedica este ano a Valentín PAZ ANDRADE,xurista, xornalista, académico, conferenciante, político, poeta ou empresario, a protéica e rica personalidade de Valentin Paz Andrade resiste calquera tentativa de redución a un único aspecto da súa personalidade que non sexa o do seu compromiso ao país, Galicia, que el mesmo propuxo como tarefa.
A Biblioteca Pública de Burela súmase á celebración, cunha serie de actividades dedicadas aos usuarios da mesma :
COÑECE A …Valentín Paz Andrade
Exposición.
-Obxectivo: Coñecer a figura e a obra do escritor, xornalista, poeta, político e empresario, nunha actividade de fomento do libro e da lectura, a través da súa obra editada.
-Espazo: Biblioteca Pública de Burela.
-Datas: do 7 ao 31 de maio.
-Horario: de luns a venres de 9 a 13:30 horas e de 17 a 20 horas.
UN DÍA CON… Valentín Paz Andrade
Unha divertida actividade na que os rapaces familiarizaranse coa súa obra, a súa época, os seus intereses e algunha que outra curiosidade.
-Actividade:”Qué se esconden nos libros”
-Idade: para nenos de 3 a 12 anos.
-Obxectivo: Coñecer a figura e a obra do escritor galego.
-Desenrolo:Un taboleiro formado por casillas que representan portadas de libros, contos, …
O xogo aseméllase ao xogo da oca.Os participantes deberán sair da primeira casilla representada por un libro e respostar ás preguntas para poder avanzar.Se acertan voltarán a tirar o dado e no caso de non acertar retrocederán de casilla.Gañará o equipo que chegue á casilla do centro do xogo representada por un libro aberto.
Fomentaremos a curiosidade e a capacidade de análise dos participantes e utilizaremos todo o espazo da Biblioteca . Deste xeito queremos que os mais pequenos se familiaricen co ambiente da Biblioteca.
Contaremos coas monitoras de Gaia para desenvolver as distintas actividades e para participar nas mesmas ,será preciso anotarse na Biblioteca Municipal desde o luns 7 ata o venres 11 en horario de 9:00 a 13:30 horas e de 17:00 a 20:00 horas. A actividade terá lugar o vindeiro mércores 16 de maio ás 18:00 horas.
CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL
Letras Galegas (Convocatoria Local)
A Biblioteca Pública de Burela convoca o Certame de Narración e Debuxo Infantil no cal poden participar tódolos nenos con Narracións ou Debuxos sobre o tema “A SUPERSTICIÓN”.
Establécense tres categorias: A ,ata 8 anos; B,de 9 a 11 anos ; e C, de 12 a 16 anos.
O prazo de presentación remata o vindeiro 9 de maio.
As bases poderán retiralas na propia Biblioteca Municipal.
Pasado e futuro fan que se manteñan vivas as nosas letras e a nosa cultura.
Delegacións de Cultura ,Educación e Medio Ambiente