O CONCELLO REALIZA ESTES DÍAS TRABALLOS DE REBACHEO EN MOITOS CAMIÑOS DA REDE VIARIA LOCAL E PROCEDE Á COLOCACIÓN DE NOVAS MARQUESIÑAS EN VARIAS PARADAS DE AUTOBÚS, SEGUNDO ANUNCIABA ESTA MAÑÁ O ALCALDE, FERNANDO SUÁREZ.
Ribadeo, 23 de maio de 2012. O Concello realiza estes días traballos de rebacheo en moitos camiños da rede viaria local e procede á colocación de varias marquesiñas nas paradas de autobús, atendendo así ás demandas efectuadas hai meses polas asociacións de veciños. O alcalde, Fernando Suárez, advirte que neste 2012 se reducirán as axudas que perciben os Concellos a través do Plan de Obras e Servizos da Deputación, dado que o Estado non aportará nin un só euro a ditos plans.
O rexedor dixo que “agora xa entrados na primavera e que afortunadamente o tempo o empeza a permitir desde o Concello de Ribadeo estamos iniciando esta serie anual de rebacheos que temos que facer sistemáticamente polas parroquias e pola vía. A rede viaria municipal é inmensa e cando un ano acabamos de rebachear e de amañar camiños ao ano seguinte voltan a estar estropeados noutros puntos ou nos mesmos sitios”.
O Concello actúa estes días en varios puntos como Arante, Remourelle, Vilaselán, Ove, Vilamariz ou Ribadeo, entre outros. Suárez Barcia sinalou que “agora estamos a actuar en varias parroquias, atendendo ás demandas das asociacións de veciños, e nestes días xa levamos varios camiños amañados, pero seguiremos con estes traballos. E ao mesmo tempo estamos a iniciar a colocación de varias marquesiñas en paradas de autobús nalgúns puntos e que con anterioridade e xa ai tempo que o teñen pedido as asociacións de veciños, sen que sexan definitvas as que estamos a colocar, requírense bastante máis, pero temos que ir paseniñamente. Non podemos actuar en todos os sitios á vez porque non contamos con recursos suficientes para todo iso”.
O alcalde de Ribadeo manifestou que “no caso do amaño de camiños as circunstancias son cada vez máis críticas para todos os concellos. Agora temos a lamentable noticia de que a través do Plan de Obras e Servizos da Deputación, co que moitos Concellos aproveitabamos para amañar e rebachear camiños, vánse ver reducidos nun 50% porque o goberno do Estado acaba de reducir a súa aportación a 0 neses plans. Cos plans provinciais darános para moi pouco e os fondos propios dos Concellos dan para o que dan. As necesidades son as mesmas, os veciños sempre queren, con toda a razón, que os camiños estean transitables”.
Fernando Suárez manifestou que “hai algunhas parroquias do interior que neste inverno tiveron verdadeiros problemas cos madeiristas porque nos estropearon moito dos camiños e tivemos que ter unha política de man dura con eles e finalmente están arranxando os viais que destrozaron, pero a maiores diso é necesario seguir actuando como o estamos a facer, rebacheando outros tantos en parroquias do interior, en parroquias da costa e na propia vila de Ribadeo”.























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



