O Concello explícalle ao PSOE que todos os expedientes de axuda a domicilio teñen informe favorable de Servizos Sociais
-A edil de Servizos Sociais considera “extremadamente grave” que os socialistas fagan públicos datos e detalles persoais dos veciños
Cervo, 4 de maio de 2012-O goberno de Cervo saíu ao paso das críticas vertidas polo grupo municipal do PSOE ao redor do servizo de axuda a domicilio. A edil de Servizos Sociais, Tania González, lamentou que “os socialistas saian na prensa falando duns expedientes de axuda a domicilio sen antes interesarse polos informes correspondentes a cada caso”. González explicou que “todas as persoas que se benefician da axuda a domicilio do Concello de Cervo teñen informes favorables dos Servizos Sociais, e ningunha recibiu un informe en contra”.
González lembra que os informes emitidos polos traballadores e traballadoras de Servizos Sociais son determinantes e vinculantes para a percepción dunha axuda ou dun servizo, “un persoal cualificado para valorar as situacións e circunstancias de cada caso e emitir un informe favorable ou desfavorable que servirá para conceder ou non dita axuda”. Así, González considera que coas súas declaracións, os socialistas “póñense en evidencia unha vez máis” amosando “desinterese por coñecer a realidade e por informarse”. A edil pensa que “ao PSOE non lle interesa saber se existen informes favorables, só busca escusas para criticar ao goberno”.
Tania González lamentou ademais que os socialistas teñan a “desvergonza e a indecencia” de saír á prensa con casos particulares. “É extremadamente grave dar datos e detalles sobre persoas que poidan estar na base de datos do Concello” asegura González, e aínda que non se dea o nome “cos datos achegados moitas persoas poderían identificar a ese usuario, co cal estaríase vulnerando a intimidade dun veciño”. A responsable de Servizos Sociais pídelle ao PSOE de Cervo que “cando teña dúbidas sobre este tipo de cuestións, fale con algún membro do goberno e trate de informarse antes de crear falsas alarmas e, sobre todo, de publicar datos persoais e privados” remata a edil.
Remitido






















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



