VALORACION DA PRIMEIRA ACTIVIDADE DAS ACTIVIDADES DA MESA DE SEGUIMENTO
O pasado sábado dia 5 tivo lugar a primeira actividade impulsada pola mesa de Seguimento que se creou en Mondoñedo para intentar dinamizar a nosa localidade, procurar atraer inversión, animar a emprendores e sentar a folla de ruta para un traballo construtivo e serio, que logre buscar un futuro mellor para un Mondoñedo, que tocou fondo.
Como dicía en días anteriores, os que temos responsabilidades políticas, temos a INDISCUTIBLE OBRIGA DE INTENTAR, de traballar e sentar as bases para acadar estes obxectivos.
Nese contesto, o pasado día 28 de decembro, o PARLAMENTO DE GALICIA a instancias dos deputados do Partido Popular, José Manuel Balseiro, e Emma Alvarez Chao, acadaron un acordo UNÁNIME DAS TRES FORZAS POLÍTICAS que sintetizando recollía “… instar a Xunta de Galicia a impulsar, en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo, Estado e Concellos un plano de desenvolvemento industrial con apoio público, para contribuír a dinamización económica da comarca, e nomeadamente dos concellos de Mondoñedo…”, lamentamos, iso si, que a Deputación Provincial de Lugo, onde gobernan Socialistas e Nacionalistas, non fixera o mesmo e rachara deste xeito a unidade que se acadara no ente local e no parlamento. O Bipartito provincial, unha vez máis, coa súa actitude inmobilista, onde existe moita propaganda, pero a hora de concretar desaparece.
Neste contexto, quería aproveitar para agradecer especialmente en nome propio e en nome do partido que represento a
1, Os relatores, que de xeito desinteresado, comparecen en Mondoñedo e transmiten, experiencias reais, e analizan de xeito riguroso o sector forestal, concluído que realmente, é un recurso, un punto forte a explotar na nosa comarca, e recoñecen publicamente que Mondoñedo reúne condicións idononeas e reais para situar aquí unha empresa que aproveite este recurso. Con prudencia e seriedade, falouse de presente e futuro.
2, agradecer a todos os compañeiros de corporación, de todas as forzas políticas, a deputados autonómicos… que coa sua actitude e presenza deron testemuño do que a todas luces é unha realidade incuestionable: so da unidade e implicación de todos, podemos saír a diante.
3, os membros do goberno galego, neste momento, concretamente A CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E A CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL E MAR que nuns momentos difíciles, con 315 concellos con problemas, a marxe de réditos políticos, centren o seu traballo e esforzo en MONDOÑEDO, e vaian materializando pouco a pouco esa discriminación positiva que a nosa localidade merece.
Os dous obxectivos que o PP se marcaba nesta primeira actividade: primeiro, reforzar a unidade de todos como única forma de traballo e, segundo, empezar por detectar oportunidades: recursos, puntos fortes de Mondoñedo para desenvolver líneas de negocio… son obxectivos cumpridos, ambos creo que se acadaron,
Demos o primeiro paso dun longo camiño, que entre todos podemos construír.




















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



