Carlos Callón: “Non só é un ataque contra a liberdade de opción lingüística, é un ataque contra a liberdade de expresión”
O xulgado desautoriza o concello de Santiago e dá os permisos necesarios para o normal desenvolvemento da manifestación do Día das Letras Galegas
Queremos Galego chama a “Parar os ataques contra o galego”, logo desta nova agresión contra a nosa lingua
Santiago de Compostela, 16 de maior de 2012.- Representantes da Plataforma unitaria Queremos Galego comparecían esta mañá en conferencia de imprensa para denunciar a actitude do concello de Santiago que, con tan só 48 horas de antelación á manifestación convocada para mañá, Día das Letras Galegas, comunicaba a denegación dos permisos necesarios para o normal desenvolvemento da mesma. Isto obrigou a plataforma a presentar un recurso pola vía de urxencia no contencioso-administrativo. A xustiza concedeu todas as autorizacións pertinentes.
A Plataforma unitaria Queremos Galego, impulsada e coordinada pola Mesa pola Normalización Lingüística, convoca a manifestación baixo o lema “Paremos os ataques contra o galego”. Un lema que, segundo explicou Carlos Callón, o seu portavoz, é hoxe especialmente acaído “porque onte mesmo tivemos novos exemplos, mesmo sen precedentes, como o feito de que o concello de Santiago de Compostela tentase obstaculizar, en todo o que son competencias municipais, que esta mobilización se poida desenvolver”.
O concello de Santiago emitiu, a 48 horas da celebración dunha manifestación que se agarda que sexa multitudinaria, unha resolución denegando os permisos para colocar un palco e unha faixa informativa na Alameda, so pretexto de que coincidía coas festas da Ascensión. Denegaba tamén a posibilidade de ter amplificación para as intervencións no acto de feche. Isto último, xa sen indicar motivo algún.
“Nos 26 anos de historia da Mesa nunca nos encontramos cunha resolución semellante, tan disparatada”, afirmou Callón, quen asegurou que “é un ataque á liberdade de expresión, non só un ataque á liberdade de opción lingüística. Un ataque a que haxa na nosa sociedade diversidade de opinións”.
O portavoz da Plataforma explicou que, unha vez recibida a resolución municipal, que cualificou de “arbitraria e inxusta”, presentouse perante os tribunais un recurso. A resolución xudicial recoñece o dereito a finalizar o acto co palco e coa megafonía e a pór unha faixa informativa, considerando que, do contrario, se producirían danos irreparábeis. “O que fan os tribunais é devolver a normalidade”.
Para Callón, o feito de o Concello agardar a que ficasen tan só 48 horas para a celebración da manifestación denota “a vontade de facer mal do goberno do Sr. Angel Currás, herdeiro, nas formas, do que foi o período de mandato de Conde Roa e, no fondo, no seu desprezo á lingua e cultura galega e ás normas de convivencia”.
Carlos Callón considerou tamén “disparatado” tratar de xustificar este intento de “coutar a liberdade de expresión” por mor das festas da Ascensión cando, lembrou, “nin é a primeira vez que coinciden, nin será a última”. “A culpa é de Rosalía de Castro por asinar a dedicatoria do primeiro libro contemporaneo monolingüe en galego un 17 de maio”, brincou.
Por iso, fixo un chamamento a reaxir ante estes obstáculos antidemocráticos e a que “todos os que temos sensibilidade polo noso idioma, mesmo con independencia da lingua que utilicemos no noso dia a día, participemos mañá nesta mobilización social, para dicirmos alto e claro: Non no noso nome!; para dicirmos alto e claro: Hai que deter estes ataques contra o idioma que nos une, que nos identifica!”
Denunciou, ademais, os impedimentos -a través da Xunta de Galiza- para utilizar o galego con normalidade nos xulgados; a prohibición de que se poidan impartir determinadas materias en galego no ensino; que se estea a “varrer” o galego da educación infantil das nosas cidades e que se dilapiden cartos públicos, “máis de catro millóns de euros, segundo as estimacións máis baixas”, tirando libros de texto só por estaren en galego.
Valedor do Pobo
A respecto da demisión de Benigno López, considerou que “non é casual que agardase á véspera do día das Letras Galegas, á véspera dunha manifestación na cal falariamos da súa incompetencia, dos seus ataques contra o noso idioma”, para presentala. Neste sentido lembrou a mobilización convocada en Compostela, en apenas 24 horas, o 17 de decembro do pasado ano, por querer censurar un libro de texto que recoñecía o galego como lingua propia, e que reunu 2.000 persoas pedindo a súa demisión. E lembrou tamén o reiterado incumprimento das súas funcións cando desde A Mesa pola Normalización Lingüística se lle tramitaban queixas por vulneración de dereitos lingüísticos. “Non nolas xestionaba, non nolas tramitaba, de forma que cando emitía os seus informes anuais estaban realmente adulterados. ‘Se han reducido las quejas por vulneración de derechos lingüísticos’, dicía sen vergoña”.
Xunto a isto, manifestou o seu desexo de que a persoa que sexa nomeada Valedor do Pobo teña como insignia cumprir coas altas funcións encomendadas, recuperando así o prestixio da institución.























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



