PLÁCIDO DÍAZ: ‘BURELA REUNIRÁ AS MELLORES PROMESAS DO FÚTBOL SALA GALEGO’
A vila burelá e Vista Alegre repetirán o título de anfitrións nunha nova cita copeira, a fase final da Copa da Liga Nacional Xuvenil, coa presenza de Autos Lobelle FS, AD Bueu, Azkar Lugo e, como non!, Burela FS Pescados Rubén, entre o 16 e o 17 de xuño. “Burela reunirá as mellores promesas do fútbol sala galego” asegurou o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol e presidente do Comité Galego de Fútbol Sala, Plácido Díaz Fernández.
Tras a escolla de Burela como sede do Curso de Instrutor de Fútbol Sala Base 2011-12 da FGF, a Copa é unha mostra máis da confianza da Federación na entidade laranxa, “unha potencia no fútbol sala tanto por xestión coma por traballo”, segundo cualificou o responsable federativo.
“O Burela FS conseguiu formar un grupo humano e deportivo coa solidez necesaria para posicionarse cos seus equipos sénior entre os mellores, con especial dedicación á base, a pesar das limitacións presupostarias que existen neste deporte e máis na actualidade”, dixo Plácido Díaz, que quixo ademais enviar unha mensaxe de alento ao Burela FS no play off á Primeira División Masculina, ao que xa acompañou na primeira eliminatoria presidindo o palco de Vista Alegre: “Puiden presenciar un partido espectacular; estou seguro de que coa entrega e forza demostradas ante o Manzanares, este equipo dispón das máximas posibilidades para o ascenso no último asalto”.
Plácido Díaz tamén fixo referencia á primeira tempada de vida do comité que preside, incidindo na necesidade de eliminar a repartición e incluso “enfrontamento” de responsabilidades entre a Federación Galega de Fútbol e a Federación Galega de Fútbol Sala para garantir “a boa saúde do fútbol sala”. “Co apoio da Real Federación Española de Fútbol estamos traballando para adquirir a potestade total sobre a regulación de todas categorías polo ben do fútbol sala. Precisamos que sexa só un, o da FGF, o organismo que leve o peso e a responsabilidade da disciplina, como ocorre no resto das comunidades autónomas” aseverou o responsable do comité galego, ao que engadiu que “a base é imprescindible para que a elite funcione, tal e como está se traballando no Burela FS, por iso precisamos que a xestión única resida na na Federación de Fútbol e así poder ampliar a nosa potestade actual, das competicións nacionais, ás autonómicas e locais e regular todas as categorías de base”.
Calendario de Copa
A bomboneira será o escenario das semifinais o sábado 16. A xornada marcará a saída ás 17.00 horas, co duelo entre o Azkar Lugo FS, líder do Grupo A, e o AD Bueu, segundo clasificado do Grupo B; ás 19.00 horas o Burela FS Pescados Rubén, como segundo do Grupo A, pelexará ante o Autos Lobelle FS, campión do Grupo B. O título decidirase o domingo 17, a partir das 12.00 horas.
FOTO: Plácido Díaz (á esquerda), xunto a José Ramón González Casas, presidente do CD Burela FS, José García Liñares, presidente da FGF, e José Luis Sáez, director xeral do CD Burela FS, nunha visita á sede social do club laranxa.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
