A CIG- Ensino denuncia que Educación pretende pechar ciclos formativos de FP na Mariña coa decisión de adiantar de setembro a xullo o prazo para que acaden a demanda necesaria para manterse abertos
Este é un novo mecanismo para pechar ciclos de FP nos centros públicos para dárllelos á privada
Ribadeo, 23 de xuño de 2012. – Nas normas do proceso de admisión a ciclos formativos para o curso 2012 2013, a Consellería ven de adiantar ao 13 de xullo a data para que os centros obteñan a demanda mínima de prazas nos ciclos formativos para permanecer abertos. Antes o prazo remataba en setembro, no período extraordinario de matrícula, pero agora precipítase a xullo, deixando fóra a todo o alumnado que, por exemplo, depende do resultado da selectividade, para escoller estudos.
Para a CIG-Ensino, o que fai a Consellaría de Educación con este cambio é introducir un novo mecanismo que facilita o peche de ciclos por falta de demanda. Os ciclos que non teñan o número mínimo establecido de solicitudes de primeira opción antes do 13 de xullo non serán adxudicados. Isto provocará que ciclos que poderían tranquilamente ter alumnado suficiente en setembro e poder realizarse non o poderán facer coa conseguinte desaparición do ciclo formativo e da oferta formativa para os alumnos e alumnas da Mariña que terán que desprazarse a Lugo ou a outra capital para cursalos.
A CIG-Ensino denuncia que esta medida súmase ao aumento do número de alumnado mínimo necesario para manter a oferta dun ciclo aprobado con anterioridade por este Goberno.
A CIG-Ensino vese na obriga de ter que denunciar novamente a política de privatización do ensino e de recortes sistemáticos que leva a cabo a Consellaría de Educación.
A CIG-Ensino defende que non se supriman ciclos ata coñecer as notas de selectividade e en ningún caso aqueles que acaden unha matrícula mínima de 8 alumnos nas cidades e 5 no resto de Galiza.











Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



