PAREMOS ESTE SAQUEO Á CLASE TRABALLADORA GOBERNOS, BANQUEIROS, PROMOT ORES E ESPECULADORES, CULPABEIS
Os 100.000M€, postos pola a Unión Europea para sanear as contas das entidades financeiras españolas, demostran que era mentira o que dicían os gobernos do PSOE e do PP, de que o sistema financeiro español era un dos máis saneados do mundo.
Demostra tamén, que o grande problema da débeda do Estado Español é a débeda privada e non a débeda pública, como pretende facernos crer o goberno do PP ao insistirnos todos os días de que hai que recortar o gasto público pois estabamos a vivir por riba das nosas posibilidades.
O sistema financeiro ten moita responsabilidade na crise económica que estamos a padecer. Moita desta débeda privada foi contraída, entre os anos 1996-2006, por bancos e caixas de aforros, mediante préstamos que solicitaban á banca europea (especialmente á alemá), para participar na especulación do grande negocio inmobiliario, contribuíndo así a crear unha burbulla inmobiliaria coa que se fixeron ricos os promotores inmobiliarios, os accionistas e directivos das entidades financeiras e algúns que outros cargos políticos.
Agora os préstamos hai que devolvelos, a banca española non ten cartos para facelo e entón a Unión Europea, “xenerosamente”, accede a pór a súa disposición estes 100.000M€ para así garantir que a banca europea vai poder cobrar, e como non se fían da banca española, esixen de que sexa o Estado quen pida os cartos para despois prestarllos á banca, facéndose garante así o Estado de pagar o préstamo se os bancos non cumpren.
Toda esta operación o que provoca é que aumente a débeda e o déficit público do Estado. É dicir, a débeda privada dos bancos e caixas de aforros, contraída como consecuencia da irresponsábel especulación co prezo da vivenda e do solo, termínase así convertendo en débeda pública e tendo que pagala todos os cidadáns.
A devolución deste préstamo de 100.000M€ ten preferencia sobre calquera outra débeda e polo tanto a Unión Europea para garantir a devolución do préstamo e ao mesmo tempo debilitar o sistema público de protección social e o actual modelo de relacións laborais, vai esixir incrementos do IVE, maiores reformas laborais, adiantar o período fixado para facer efectiva a idade de xubilación aos 67 anos, maiores recortes no gasto sanitario e do ensino, etc.
Como podemos ver, o goberno do PP segue defendendo a pé firme os intereses dos banqueiros e dos
especuladores. Todas as medidas políticas que se están a adoptar van no mesmo camiño, garantirlles aos donos dos bancos e das grandes empresas multinacionais, os verdadeiros responsábeis desta crise económica, que os seus intereses e beneficios van estar asegurados, aínda que sexa a custa de empobrecer a maioría da poboación, de acabar cos servizos públicos e de endebedar ao Estado durante moitos anos.
Mentres que isto sucede, os responsábeis desta situación, directivos de bancos e caixas, gobernadores do Banco de España, ministros de economía, presidentes de goberno, políticos corruptos e grandes defraudadores de Facenda, non só non se lles esixe responsabilidades penais senón que son premiados con indemnizacións multimillonarias, con cargos en consellos de administración de empresas multinacionais ou entidades financeiras diversas, con amnistías fiscais, etc.
Non podemos consentir este saqueo masivo e descarado que se está a facer coas clases traballadoras, levándonos a unha situación social insostíbel e a unha situación económica sen saída.
Hai que seguir coa contestación social, mobilizándonos, denunciando esta situación, esixindo responsabilidades, pedindo a dimisión en pleno do Goberno Español e da Xunta de Galiza, por mentireiros, incompetentes e gobernar ao servizo dos banqueiros, dos especuladores e dos delincuentes que defraudan a Facenda.
A CIG denunciamos no seu momento, diante da fiscalía xeral do Estado, aos directivos das caixas de aforros de Galiza polas fortes indemnizacións que cobraron e hoxe está aberta unha investigación por parte da fiscalía anticorrupción. A CIG, conxuntamente coa central sindical vasca ELA, vimos de presentar unha denuncia, diante da sala do penal do Tribunal Supremo, contra os gobernadores do Banco de España, contra os ministros de economía dos últimos gobernos españois, así como contra o actual presidente, o sr. Rajoy e os anteriores, os sres. Aznar e Zapatero.
Non creas nin nas mentiras de Rajoy, nin de Feijoo. Non deixes que rouben os teus cartos e os teus dereitos en favor dos intereses de banqueiros e especuladores.
Deféndete, organízate e loita.
O próximo día 1 de xullo, a CIG convoca manifestacións nas sete cidades galegas, para denunciar esta situación, esixir castigo penal para os culpábeis, esixir a dimisión do goberno español e da Xunta, reivindicar a necesidade dunha banca pública, dunha política fiscal xusta, dun maior investimento público e dunha políticas económicas e sociais ao servizo dos intereses das clases populares. Maniféstate connosco, defende o teu futuro e a túa dignidade
1 de xullo
Domingo 1 de xullo ás 12:00h
dende o local do sindicato
Lugo
MANIFESTACIÓN
Paremos o saqueo
á Clase Trabalaldora
Confederación Intersinidcal Galega
www.galizacig.com
http://ciglugo.wordpress.com/
http://www
.facebook.com/ciglugoamarinha
Page 2






















Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



