A PLATAFORMA NA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DA MARIÑA CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN CONTRA AS MEDIDAS DO GOBERNO QUE ELIMINAN O DEREITO Á SAÚDE.
A CONCENTRACIÓN PRINCIPAL SERÁ DIANTE DO HOSPITAL DA COSTA O LUNS 2 AS 12 DA MAÑÁ
Ao goberno galego non lle chega con limitar o dereito á saúde tamén limita o dereito democrático impedindo o debate da ILP apoiada por mais de 45.000 cidadáns.
A Mariña, 29 de xuño de 2012. A Plataforma na Defensa da Sanidade Publica da Mariña convoca concentracións ás 12 da mañá do luns 2 de xullo diante dos centros de Saúde da Comarca e principalmente diante do Hospital da Costa para contestar as medidas de desmantelamento do dereito a ter un servizo sanitario público, universal e gratuíto.![]()
Concentración o luns 2 as 12 da mañá diante do Hospital da Costa
A Plataforma concentrarase para demandar a anulación do Real Decreto Lei 16/2012 de 20 de abril, de medidas urxentes para garantir a sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións, que segundo afirmaron “nin sustenta, nin mellora, elimina de golpe dereitos adquiridos en materia sanitaria ao tempo que vemos como se desvían á sanidade privada centos de millóns para que uns cantos sigan facendo negocio coa nosa saúde”, en Galiza temos un exemplo ben preto coa construción do novo Hospital de Vigo.
Critica pola actitude antidemocrática do PP por negarse a debater a ILP de SOS Sanidade Publica apoiada por mais de 45.000 sinaturas de galegos e galegas
Dende a Plataforma mariñá aproveitaron para denunciar a actitude antidemocrática do PP que negou no parlamento o debate da Iniciativa Lexislativa Popular promovida por SOS Sanidade Pública da que formamos parte. A Plataforma esixiu ao PP que acepte o xogo democrático no que se inclúe a participación popular para promover debates sobre asuntos que lle preocupan, moito mais neste caso tratándose dun dereito básico como é a sanidade avalado por 45.000 sinaturas, 30.000 mais das necesarias para este proceso en Galiza. Denunciaron que o PP trata de impedir un debate que evidenciaría a intención do PP de degradar a sanidade publica para privatizala e entregala aos grupos empresariais, bancos e entidades aseguradoras afíns aos seus intereses.
O Programa Nacional de Reformas presentado polo Goberno en Bruxelas e o Real Decreto Lei 16/2012 de 20 de abril, de medidas urxentes para garantir a sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións.
1.- Suprime o dereito á saúde como dereito cidadán.
Aínda que a Constitución e a Lei Xeral de Sanidade vincúlao á residencia no Estado o Real Decreto de xeito unilateral vincúlao ao aseguramiento é dicir á cotización social, coa finalidade de deixar sen este dereito a amplos sectores sociais, precisamente aos menos favorecidos. Resulta moralmente inaceptable deixar a persoas sen asistencia por motivos económicos
2.- Elimina a universalidade das prestacións sanitarias
Fragmenta a asistencia sanitaria que agora é a mesma para todos e para todas as enfermidades en tres tipos diferentes: Prestacións básicas comúns para todos; prestacións complementarias a pagar con copagos e prestacións suplementarias ofertadas polas comunidades autónomas. Esta medida que dará orixe a dous modelos sanitarios (unha sanidade para ricos e outra para o resto) esta destinada a promover e apoiar desde o Estado o desenvolvemento dos seguros privados como negocio. A sanidade para pobres será unha asistencia de baixa calidade
3.- Introduce barreiras económicas no acceso aos servizos sanitarios a quen máis o necesita
Impón o pago por medicamentos aos pensionistas (precisan tres veces máis asistencia por motivos de idade e a gran maioría percibe pensións moi baixas, o 54% menores de 650 euros /mes); o mesmo que por traslado non urxente en ambulancias, alimentación artificial, prótese e ortesis que son necesitados polas persoas máis enfermas, e discapacitadas, na súa maioría con problemas económicos por motivos de idade, enfermidade ou baixas pensións. Ademais un grupo de medicamentos excluirase totalmente do financiamento público. Limita a asistencia a quen máis a necesita ao tempo e eleva a achega individual en medicamentos nun momento en que a maioría de cidadáns teñen problemas económicos para chegar a fin de mes
3.- Acaba co carácter solidario e redistributivo da sanidade pública
Ata agora a sanidade financiábase con impostos grazas ao cal os que máis gañaban contribuían máis e os máis necesitados de atención recibíana en función das súas necesidades. Coa introdución do copago de parte da asistencia ponse as bases para acabar co caracter redistributivo da sanidade pública.






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



