O presuposto do plan increméntase nesta edición nun 33%
O PROGRAMA RE-EMPRENDE DE ECONOMÍA E INDUSTRIA ESTIMULA A CREACIÓN E A CONSOLIDACIÓN DE NOVAS EMPRESAS CON AXUDAS POR 2 MILLÓNS DE EUROS
Javier Guerra destaca que o obxectivo é favorecer a actividade empresarial apoiando a posta en marcha de proxectos innovadores impulsados por empresarios ou autónomos con actitude emprendedora
Dentro dos planes Impulsa, o programa garante axudas mínimas do 25% para os proxectos de Lugo, Ourense, Ferrolterra e Costa da Morte, dez puntos máis que no resto
A creación de emprego para colectivos de difícil inserción laboral, a localización e as actividades encadradas en sectores prioritarios determinan a intensidade dos apoios
A través do Igape, nesta lexislatura xa se concederon máis de 6 millóns de euros para apoiar investimentos de máis de 37 millóns promovidos por microempresas, emprendedores ou pemes de recente creación
Santiago, 18 de xuño de 2012.-O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, presentou hoxe unha nova convocatoria do Re-Emprende, un programa a través do cal a Consellería destina 2 millóns de euros a apoiar a posta en marcha de proxectos de nova creación ou a consolidación no seu primeiro ano de funcionamento de empresas promovidas por emprendedores ou autónomos.
O conselleiro destacou que o obxectivo do re-Emprende, cuxa convocatoria se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia, é favorecer a actividade empresarial e a creación de emprego apoiando a posta en marcha de proxectos innovadores impulsados por empresarios e, como novidade este ano, por autónomos con actitude emprendedora. Poderán optar a estas axudas proxectos con investimentos comprendidos desde 35.000 ata 500.000 euros, e as solicitudes deberán presentarse ata o 15 de novembro. Con respecto á anterior convocatoria, a dotación orzamentaria anual medra nun 33% e rebaixase o investimento de 50.000 a 35.000 con obxectivo de abarcar un maior número de proxectos.
Tal e como manifestou Javier Guerra, co re-Emprende 2012 “a Xunta reafirma o seu compromiso cos emprendedores”, que suma a este programa outros apoios existentes neste ámbito, como as axudas financeiras ou os préstamos participativos. O conselleiro de Economía e Industria lembrou que, nesta lexislatura, e sen contar a nova convocatoria, leva destinado case seis millóns de euros para apoiar case un milleiro de proxectos promovidos por microempresas, emprendedores ou pemes de recente creación que impulsaron investimentos que superaron os 37 millóns de euros.
Á hora de fixar a porcentaxe do apoio valoraranse factores como a creación de emprego, especialmente de colectivos de difícil inserción laboral; a localización en territorios con plans de especial dinamización, o valor engadido asociado á actividade escollida e que a actividade estea enmarcada dentro dos sectores considerados prioritarios, como a automoción, a madeira, a transformación agroalimentaria, téxtil-moda, aeronáutica, náutica deportiva, química, biotecnoloxía, fabricación de equipos medioambientais ou de enerxías renovables, ou TIC.
As axudas concedidas dentro deste programa parten dun mínimo do 15% do investimento apoiable e poden chegar ata o 50%, no caso das pequenas empresas. Ademais, tal e como destacou o conselleiro, e dentro do compromiso do actual Goberno coa dinamización empresarial dos territorios amparados por plans especiais como son os Impulsa Lugo, Impulsa Ourense, Plan Ferrol, Eume e Ortegal e Plan Revive Costa da Morte, garántese nestas zonas unha axuda mínima do 25%.
Javier Guerra destacou que, co re-Emprende refórzase tamén a visión integral dos servizos e apoios da Xunta de Galicia aos emprendedores, que existen tanto nas fases de xestación e maduración das ideas como nas etapas de posta en marcha e consolidación, crecemento e internacionalización dos proxectos emprendedores. Entre outros aspectos, lembrou que a Xunta puxo 23 millóns de euros a disposición das emprendedores e das pemes máis innovadoras, a través de fondos como i2C, re-Emprende, xesInnova ou xesPosibilita.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



