O CONCELLO NON VAI PAGAR O ALUMEADO PÚBLICO DA PONTE DOS SANTOS. FERNANDO SUÁREZ AMOSÓUSE ASÍ DE CONTUNDENTE DESPOIS DE COÑERCER A OPINIÓN DO MINISTERIO DE FOMENTO AO QUE ACUSA DE DESATENCIÓN COAS SÚAS INFRAESTRUCTURAS.
Ribadeo, 18 de xuño de 2012. O Concello de Ribadeo non vai pagar o alumeado público da Ponte dos Santos. Así de contundente se manifestou esta mañá o alcalde, Fernando Suárez, despois de coñecer que o Ministerio de Fomento considera que deben ser Castropol e Ribadeo os que financien dito alumeado.
O rexedor dixo que “isto é algo ao que xa nos referimos hai un tempo e a min paréceme un absurdo. O Concello de Ribadeo por nada e para nada vai sufragar un gasto que lle corresponde íntegramente ao Ministerio de Fomento, dado que a Ponte dos Santos correspóndelle ao goberno do Estado e non ao Concello de Ribadeo”.
Suárez Barcia referíuse ao exemplo que xa puxo noutras ocasións, “no propio treito da Autovía do Cantábrico ao seu paso por Ribadeo, a uns 300 metros despois da ponte no noso ámbito municipal, o alumeado público dese vial é sufragado polo Ministerio de Fomento, polo tanto considero un absurdo que pretendan que o Concello pague a metade dese alumeado público da ponte xunto coa outra metade que tería que afrontar Castropol”.
O alcalde de Ribadeo advertiu de que “ante posibles circunstancias perigosas que se poidan producir na Ponte dos Santos serán imputables ao propio Ministerio de Fomento por ter unha desatención das súas infraestructuras, pero para nada o Concello se vai facer responsable de algo que non é da súa propiedade, do mesmo xeito que tampouco se fai responsable do alumeado da zona portuaria de Ribadeo, aínda que estea encastrado no noso casco histórico. Neste exemplo é Portos de Galicia o que se fai cargo”. E insistiu en que “a cada un o que é o seu, ao césar o que é do césar e que o Ministerio de Fomento se preocupe de manter as súas infraestruturas sen botarlle a culpa da súa falla de atención aos demáis”.
Fogueiras de San Xoan e San Pedro
O Concello ven de publicar un bando sobre as fogueiras de San Xoan e de San Pedro “para que todas aquelas persoas que queiras facer estes lumes populares soliciten o permiso correspondente no Concello de Ribadeo”, indicou o alcalde. O prazo máximo será para as fogueiras de San Xoan ata as 14 horas do vindeiro 21 de xuño e para as fogueiras de San Pedro ata as 14 horas do 27 de xuño.
Suárez Barcia lembrou que “se prohíbe, como todos os anos, queimar rodas ou cubertas de goma, plástico ou calquera material derivado de hidrocarburos, así como materiais ou produtos contaminantes ou tóxicos. Tampouco se poderán facer fogueiras en lugares próximos a tendidos eléctricos, edificios ou calqueroutro no que poidan crearse situacións de perigo. E calquera fogueira terá un ou varios responsables que deberán encargarse de retirar da vía pública todos os restos, unha vez que remate a queima, e no caso de que se incumpla con todo isto o de que se produzan queixas por parte dos veciños, procederase a apagar de inmediato a fogueira”.
O alcalde sinalou que “nunca houbo problema nos últimos anos, pido civismo e un bó comportamento aos veciños e veciñas que queiran participar desta festa de profunda raigame social, que disfruten, pero que teñan coidadiño co lume”.




















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



