Plantacións de eucaliptos sobre flora endémica e en perigo de extinción
21 de xuño de 2012. O noso patrimonio natural máis valioso esmorece pola inoperancia e o desleixo da Xunta. A penúltima aldraxe, no concello de Palas de Rei, acumula ademais varias ilegalidades: unha plantación de eucaliptos sobre chan agrario queimado hai menos de 2 meses (incumprindo a Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios) e nunha área na que están presentes endemismos botánicos como a Armeria merinoi, a Santolina melidensis ou o Iris boissieri, os tres catalogados como “en perigo de extinción” (incumprimento da Lei 9/2001 de conservación da natureza). Por riba, a zona figura na proposta da Xunta para ser incluida na Rede Natura 2000, ampliando o LIC do Careón. Cando esta ampliación chegue, os eucaliptos terán derramado os valores naturais desta área e a Xunta, unha vez máis, será cómplice da política de feitos consumados e terra queimada.
A importancia da conservación destes taxóns radica na súa rareza e fraxilidade: a Santolina melidensis e a Armeria merinoi son endemismos galegos propios de solos esqueléticos sobre substratos serpentiníticos cuxa distribución mundial abrangue unhas poucas teselas no límite entre as provincias de Coruña, Lugo e Pontevedra. Pola súa banda o Iris boissieri, ou lirio do Xurés, é unha planta moi escasa e en regresión, presente en moi poucas localizacións en Galiza. De feito, esta importante poboación foi descoberta hai menos de 5 anos. As tres especies están incluidas no CGEA (Catálogo Galego de Especies Ameazadas) e catalogadas como “en perigo de extinción”. A principal ameaza para a súa supervivencia é a transformación do seu hábitat: cambio dos usos, parques eólicos, vías de comunicación (futura autovía Lugo-Santiago)…, xusto o que vai acontecer con esta plantación de eucaliptos.
ADEGA quere chamar a atención sobre os danos irreversíbeis que estas actuacións poden ter sobre un patrimonio único e moi ameazado. As administracións, en troques de ser garantes da conservación deste patrimonio, miran para outro lado cando non promoven e subvencionan estas desfeitas. Mais ignorar os seus deberes legais non significa que non teñan que facer fronte ás súas responsabilidades: ADEGA poñerá en coñecemento da Fiscalía de Medio Ambiente do TSXG estes feitos, por seren na nosa opinión, constitutivos de dous delictos contra o patrimonio natural e a biodiversidade e por incumprimento da Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais: permitir a forestación dunha zona queimada hai menos de 2 meses e con vocación de uso agrario.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



