Día Mundial do Medio Ambiente: o cinismo instucional e a desvergoña ambiental da Xunta
Día Mundial do Medio Ambiente 2012. Neste día, os mesmos políticos que promoven e xustifican os recurtes, déixanse caer por algún espazo natural -desatendido os 364 días restantes- para facerse a foto. Que se desenvolvemento sustentábel, que se economía verde (lema deste 2012), que se a biodiversidade é importante… Tais mensaxes destilan hoxe un cinismo case obsceno: É que nalgún momento importoulles algo o ambiente? Por moitas boas intencións que hoxe prediquen conselleiros e directores xerais, a Xunta nunca soubo -nen quixo- estar á altura dun dos patrimonios naturais máis ricos e diversos do mundo: ridícula superficie protexida, ausenza case criminal de planos de xestión de espazos e especies, demolición controlada da protección ambiental, entreguismo ás multinacionais especuladoras… Neste día semella unha tradición que os ecoloxistas traslademos as nosas demandas aos qye xestionan o noso ambiente, ainda que non haxa razón para pensar que lles van facer máis caso que o resto do ano. E dende ADEGA non queremos ser menos. Señores da Xunta: Deixen todo como está é váianse. A sociedade responsábel termará do noso patrimonio natural coma sempre fixemos, e se cadra con máis eficacia ao non ter que apagar os lumes que vostedes prenden.
Fronte ao discurso interesado de que o progreso (en particular o de algúns) está enfrontado á protección ambiental, a conservación do noso patrimonio natural pode e debe ser motor de desenvolvemento sustentábel. Este aspecto ficou sempre ao cabo das prioridades reais e dos compromisos orzamentarios das administracións. Galiza segue tendo a menor superficie en Rede Natura 2000 de todas as autonomías (o 12%) moi por baixo da media estatal (28%), e a ampliación presentada pola Xunta en 2011 (15%) non é nin de lonxe suficiente. Por outra banda, os orzamentos adicados a conservación diminuiron escandalosamente e mesmo pasaron a 0 no caso da Educación Ambiental (infraestruturas, equipamentos, programas, axudas…)
As ferramentas legais de xestión dos espazos protexidos, chave para garantir a súa conservación e uso sustentábel seguen ausentes: o retraso na redacción e aprobación dos PORN (Planos de Ordenamento dos Recursos Naturais) e PRUX (Planos Reitores de Uso e Xestión) é xa delictivo, por no falar dos Planos de Conservación e Recuperación das especies ameazadas, práticamente inexistentes. Estes documentos, que debería redactar a Xunta nun prazo de dous anos após da declaración de espazo protexido, son vencellantes para todas as administracións con competencias (hidráulicas, de costas, enerxéticas, etc.). A día de hoxe, practicamente ningún espazo da Rede Natura conta con PRUX e mesmo no Parque Nacional das Illas Atlánticas (2002), ou os parques naturais das Fragas do Eume (1997) e Corrubedo (1992) están logo de moitos anos aínda en redacción.
Deste xeito, proxectos acuícolas, eólicos, mineiros, hidráulicos, desenvolvementos urbanísticos, etc. ao non estar expresamente excluidos nos preceitivos PRUX (porque non existen) poden implantarse en espazos protexidos cunha simples declaración de impacto favorábel, moitas delas de dubidoso rigor e con escandalosas omisións. Tal aconteceu cos aproveitamentos hidroeléctricos do Sil (Santo Estevo II), coa liña de alta tensión Trives-Aparecida, coas canteiras e parques eólicos do Xistral ou coas piscifatorías de Cabo Vilán, Rinlo, e Touriñán. E nos espazos que deberían integrarse na Rede Natura, segundo a proposta que a Xunta elaborou en 2008 (bipartito, 18% do territorio), proxectos como canteiras e minas van reducindo día a día as posibilidades de contarmos cunha Rede Natura coerente, á altura da nosa riqueza natural.
A Xunta amosou pois unha escandalosa complicidade coa política dos feitos consumados e un intolerábel agravio comparativo para a cidadanía en xeral e os habitantes dos espazos protexidos. O millor que poden facer quenes sentan praza en San Caetano e ostentan algunha responsabilidade ambiental é, neste Día Mundial do Medio Ambiente, simplesmente marchar. Os orzamentos públicos, e sobre todo o noso ambiente, agradeceranllo.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



