ALCOA: consumir máis recursos naturais implica maior responsabilidade ambiental
29 de xuño de 2012. ADEGA-Lugo vén de facer público un informe no que se compara o consumo enerxético da fatoría de ALCOA en San Cibrao cos consumos de diversos sectores socioeconómicos galegos. Os datos amosan a enorme pegada enerxética dunha instalación e un proceso, a electrólise do aluminio, moi intensivo no consumo de electricidade. Unha industria que por si soa consume tanta electricidade como o 74% dos fogares galegos contrae unha débeda ecolóxica proporcional coa sociedade, vistas as consecuencias que a obtención desta enerxía ten no ambiente. No entanto, e fronte aos crecentes esforzos que se lle esixen á cidadanía (suba de impostos, encarecemento dos servizos, perda de dereitos sociais…) as pretensións de ALCOA de obter a luz máis barata baixo a ameaza de peche e “deslocalización”, semellan case obscenas. Como é que logo de 32 anos, ALCOA San Cibrao non puxo en marcha ningún sistema de autoconsumo enerxético (solar, eólico, maremotriz, biomasa…) para reducir a súa fatura eléctrica? Análise comparativa ALCOA
Neste contexto de crise, os esforzos que se lle piden á cidadanía non van parellos cos que deben afrontar os bancos e as grandes corporacións transnacionais. Para uns, todo son recurtes (sociais, de dereitos, etc.) e subas (de impostos, no custo dos servizos e produtos básicos…), mentres que para outros hai barra libre de cartos (rescates, recapitalizacións, privatización de servizos públicos…). Polo que atinxe á enerxía a situación é similar: á sociedade pídenselle que consuma menos, sexa máis eficiente e pague máis pola electricidade (xa se encareceu un 70% dende 2006). Mentres, as corporacións transnacionais como ALCOA, cuxa pegada enerxética da súa fatoría de San CIbrao equivale á das 3/4 partes de toda a poboación galega, esixen unha rebaixa eléctrica para non marchar a outros paises.
Dende ADEGA preguntámonos como é que unha empresa tan fortemente dependente da electricidade (a electrólise do aluminio é un proceso moi intensivo e moi pouco eficiente no consumo de electricidade) non se preocupou en 30 anos por reducir o seu consumo, por exemplo millorando o proceso (ánodos inertes, cátodos humectábeis, electrodos verticais, electrólise de baixa temperatura, tecnoloxía de redución por caolinita, etc.), ou subministránsose con fontes propias (solar, eólica, maremotriz, biomasa…)
Agora, a empresa ameaza con levar o seu negocio a terceiros países, coa enerxía máis barata e menores restricións ambientais, se non se lle dá o que pide: unha electricidade a menor prezo, para poder rebaixar os custos e poder manter o seu actual nível de beneficios. Mais cais foron estes beneficios nos seus 32 anos de actividade é algo que moi poucos coñecen. O que si sabemos é o que supón a enorme débeda ecolóxica contraída coa sociedade galega: emisións de GEIs (a térmica de As Pontes producíu electricidade case en exclusiva para ALCOA queimando lignito), lodos tóxicos (15 millóns de m3) e verteduras de flúor.
Como na fábula, agora a cigarra, despois de 30 anos, quere marchar coa música a outra parte se non lle dan o que pide. Dende ADEGA cuestionamos este modelo empresarial que privatiza os beneficios e socializa os custos (económicos e ambientais) e que ademais pretende usar os postos de traballo como escudos humanos se non se atenden as súas esixencias. Como é posíbel que sindicatos e administracións sigan sendo cómplices destas prácticas?

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



