MERCADO do SOUTO
PRODUTOS DE PROXIMIDADE
DOMINGO 8 DE XUÑO
Lugar: Praza do Souto (CERVO)
Horario: De 10.00 a 14.00 horas
A Asociación de Consumo Ecolóxico Karrikanta maila Asociación Cultural Airiños do Xunco continúan impulsando neste segundo mercado, unha iniciativa conxunta ligada ás tradicións locais, defensa dos pequenos produtores e a agricultura da comarca. Trátase do Mercado do Souto, de carácter quincenal e ó que acudirán produtores e artesáns procedentes na súa gran maioría dos concellos máis próximos.
Como actividade complementaria desta nova cita, teremos unha demostración de CESTERÍA TRADICIONAL GALEGA a cargo de OSCAR PRIETO.