O VINDEIRO LUNS, 18 DE XUÑO, ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES DE VERÁN QUE ORGANIZA O CONCELLO PARA OS NENOS EMPADROADOS EN BURELA E NACIDOS DE 1999 A 2009. VOLTA A OCIOTECA PARA CONCILIAR A VIDA LABORAL E FAMILIAR E HABERÁ ACTIVIDADES DEPORTIVAS E MEDIOAMBIENTAIS.
Burela, 15 de xuño de 2012. O vindeiro luns, 18 de xuño, ábrese o prazo de inscrición para anotarse nas actividades de verán que organiza o Concello para os nenos empadroados en Burela e nacidos entre os anos 1999 e 2009. Son variadas as propostas elaboradas polas Concellerías de Xuventude e Deporte e Mar e Medio Ambiente.
Desde a Delegación de Xuventude e Deporte (a cargo do monitor deportivo do concello) ofértanse de luns a venres de 11 a 13 horas patinaxe, xogos tradicionais e deportivos e xogos na praia. O patinaxe será luns, martes e xoves de 11 a 12:30 da mañá para iniciación (de 3 a 7 anos) e luns e xoves de 12:30 a 14 horas haberá patinaxe (para os nenos de 8 a 12 anos). No caso dos xogos tradicionais e deportivos serán os martes de 11 a 12:30 horas para nenos de 3 a 7 anos e de 12:30 a 14 horas para os rapaces de 8 a 12 anos. E os xogos na praia serán os mércores de 12:30 a 14 horas e os venres de 11 a 14 horas.
Dende a Delegación de Mar e Medio Ambiente (a cargo das monitoras do centro de educación ambiental Gaia), organizarase ao igual que o ano pasado a ocioteca para conciliar a vida laboral e familiar. O horario da ocioteca será de luns a venres de 9 a 13.30 horas (no CEIP Vista Alegre). Segundo explica Patricia López Eijo “terán prioridade os nenos de pais activos laboralmente (será preciso xustificalo documentalmente) e os fill@s de mulleres vítimas de violencia de xénero.
Na ocioteca as actividades que se levarán a cabo serán múltiples e variadas: haberá obradoiros de reciclaxe, globoflexia, murais, animación á lectura, xogos de animación, de mesa, xogos no exterior, xogos populares, ademais de manualidades e fichas de repaso de coñecementos”.
López Eijo sinalou que “tamén serán frecuentes as actividades de carácter medioambiental aproveitando os recursos naturais que nos ofrece o Concello: limpeza dunha praia, visita ao barco museo, identificación da flora e fauna do noso litoral, concurso de debuxo na praia, coidado dos xardíns do concello, etc.
A conciliación da vida laboral e persoal das familias, e a contribución ao desenrolo persoal e social dos nenos son os obxectivos primordiais desta campaña”. E engadiu que “na ocioteca tratarase de fomentar a creatividade, a interculturalidade, o deporte e o respecto, a través de actividades coeducativas, socioculturais e deportivas mediante talleres, xogos, saídas, manualidades, contacontos…”.
O prazo de inscripción para apuntarse nestas actividades estará aberto desde o vindeiro luns, 18 de xuño, ata o día 26 de xuño. As fichas de inscrición e demais documentación entregaranse no Concello de Burela. Todo aquel que non teña formalizada e entregada a ficha de inscrición nas datas indicadas, non poderá asistir ás actividades. O 29 de xuño farase pública a lista de admitidos no Concello e as actividades desenvolveránse do 2 de xullo ao 31 de agosto.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



